20.4.15

ORGULLOS@S DA NOSA CULTURA PROPIA, ABRÍMONOS A TODAS AS CULTURAS DO MUNDO: Semana Intercultural


Vinde participar no mural colectivo en defensa da diversidade na entrada do instituto. Se defendes un mundo diverso, cheo de linguas e culturas diferentes que nos enriquecen, ven deixar a túa pegada no mural da interculturalidade. Darémosche una pinza para que “tunees” con cores diversos nunha metade e na outra escribas una das linguas do mundo. Despois terás que pegalas formando parte das espirais de diversidade que saen do globo terráqueo pintado no mural. Tamén poderás ler a Declaración Universal sobre a Diversidade Cultural.

No comments:

Post a Comment

e ti que dis?