23.4.21

19.4.21

ESCOLLE TEATRO EN GALEGO: MEDIDAXMEDIDA

O Sábado 24 de abril, ás 20:00 horas,. PT EXCÉNTRICAS presenta no Auditorio de Cangas: MEDIDA X MEDIDA, de William Shakespeare, dirixida por QUICO CADAVAL. 

Acontece nunha Viena surrealista inventada por Shakespeare. O mandatario Duque Vincenzo pasa á clandestinidade e manda aplicar con todo rigor a lei contra os comportamentos inmorais. Cai a lei por igual sobre o negocio do sexo e sobre a xuventude hedonista. Un xoven de boa familia é condenado a morte. Isto obriga a Isabella, a sua irmá monxa, a abandonar o convento por tres dias coa tentativa de salvar a vida do seu pecadento irmán. Un mundo de vicio, perversidade e corrupción tentarán lixar a sua brancura virxinal. Palacios, cadeas e arrabaldos serán o labirinto que percorre Isabella na sua carreira contra a morte. Todo observado dende as sombras por un Duque Vincenzo, irrecoñecível baixo o hábito de frade mendicante. Unha comedia negra que coquetea constantemente co desastre. 

No reparto están Melania Cruz, Patricia Vázquez, María Costas, Josito Porto, Santi Romay, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira.

Vémonos no Auditorio!

SEMANA DA CIENCIA VIRTUAL: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

SEMANA DA CIENCIA VIRTUAL: FÍSICA E QUÍMICA E TECNOLOXÍA

12.4.21

ESCOLLE UN MONÓLOGO TEATRAL: OS INOCENTES

O próximo sábado, 17 de abril, ás 20:00 horas, QUICO CADAVAL presenta no auditorio de Cangas: OS INOCENTES.

Tras uns vinte minutos de risos case ininterrompidos, Cadaval comeza a introducir as personaxes que padecendo de inocencia, sexan quizais, quen máis poden sufrir neste mundo; os inocentes na guerra. Concretamente a guerra civil española. A historia de Marquiños “o terriñas”, mete de cheo o público nas miserias do conflicto. A xente acépta ben o cambio de ton. De súpeto o contador cambia de historia e narra o peculiar suceso dun pastor do Incio que quedou a agardar a chegada dos falanxistas de Monforte, “…pois el nunca vira un falangista!”. Ó longo da contada, Cadaval deixa historias en suspenso para comezar outras; coma se plantase unha árbore da que medran ramas e destas xurdisen outras máis pequenas… para acabar volvendo ás ramas principais, ás historias iniciais. Segundo avanza a Sesión o ribeirense pasa a narrar dende o persoal, e conta as historias da taberna da súa nai e mailas do grupo de amigos do seu pai. Isto dalle a oportunidade de reivindicar a figura do ‘parvo’ en todo grupo de amigos… ou nacións. betfair site down E salta brevemente a unha historia da antiga Grecia. Con todo será entre os amigos do seu pai onde se agocha o gran protagonista final da súa contada; Manolo “o chabolista”. De novo o público vese mergullado no surrealismo da guerra civil, ata dar cos presos da Illa de San Simón. A xente ri a cachón e parecen confirmar que é compatible facer humor e denuncia histórica ó mesmo tempo. 
 Marcos Estebo.

Non faltedes que imos rir seguro!

1.4.21

ESCOLLE COMERCIO LOCAL

FECIMO continúa coa campaña de envíos gratis do Comercio do Morrazo durante todo o mes de abril para seguir estimulando o comercio local.