25.11.22

25-N: Contra a violencia machista

O alumnado do noso centro saíu en mobilización cara ao acto promovido polo concello de Cangas con motivo do Día Internacional contra a violencia machista. Desde o EDLG elaboramos pancartas e un manifesto que foi lido no propio acto.

11.11.22

Concurso Coreografíate!

Alumnas de 3º ESO do EDLG participaron no concurso Coreografíate! A canción elixida foi "Salsa Galaica" do grupo de rap Son da Rúa. A coreografía foi realizada por Cecilia, profesora de música do noso centro.

4.11.22

Samaín en Rodeira

Alumnado de 2º ESO e 3º ESO do EDLG organizou un Escape room e unha Busca do tesouro respectivamente, onde o uso da nosa lingua era fundamental para conseguir os obxectivos.