26.11.20

13.11.20

MAGOSTO

3.11.20

TEATRO DO ATLÁNTICO

A conquista da Escola de Madhubai é o novo espectáculo de Teatro do Atlántico, o sábado 7 no Auditorio de Cangas. Sakundeba, bandida, perseguida pola policía e polo exército, acusada do asasinato de máis de trinta homes á que violaran tempo atrás e vítima de numerosos asaltos a man armada, preséntase na humilde morada de Pandala, unha sabia anciá que a criou cando era nena e que é a única persoa no mundo na que confía.

A ILLA DAS MENTIRAS

O Cine Club de Cangas proxecta no Auditorio A illa das mentiras o venres 6, ás 20:30. Contaremos ademais coa presenza da directora Paula Cons que presentará o coloquio posterior. Non o podedes perder. Aquí vos deixamos un adianto: