26.3.18

NOVA GARDA CON PAULO


Quedamos para escoitar recitar poesía a Paulo, un profe de prácticas que estivo o curso pasado en Rodeira. Coma sempre, o xoves ás 21h na Fonte do Galo.

22.3.18

VI ENCONTROS PARA UNHA CONVIVENCIA POSITIVA

Ainhoa e Rosemary chegaron onte tras pasar dous días en Muros, no IES Fontexería, onde tiveron a oportunidade de representar ao instituto nun encontro para mellorar a convivencia.  Contáronnos que alí fixeron moitos amigos e amigas galego-falantes e que elas tamén falaron moito galego. Parabéns!


ATRÉVETE A LOITAR POLA ACEPTACIÓN DA DIVERSIDADE

Esta foi a proposta: que cada alumno ou alumna presentase aos seus compañeiros e compañeiras alguén que tivese que loitar para ser aceptado nunha sociedade que, con demasiada frecuencia, impón unha norma única pechando os ollos á realidade da diversidade, abrindo un debate a partir destas experiencias. Aquí tedes algunhas das historias que nos contaron: 






 




21.3.18

MATEMAXIA

Hoxe, nunha actividade organizada en colaboración co concello de Cangas, recibimos ao mago Paco que nos demostrou a través de exemplos como podemos usar as matemáticas en galego para facer maxia. A primeira demostración tivo que ver coa cinta de Möbius:

Tamén nos aprendeu como adiviñar números a través de táboas, converténdoos en números binarios.
 


ATRÉVETE A RECIBIR A PRIMAVERA CON POESÍA

Chega a primavera e queremos celebralo. E coma hoxe, 21 de marzo, celebramos o Día da Poesía e o Día da árbore, realizamos un proxecto conxunto desde as aulas de bioloxía e o equipo de dinamización. Os corredores do instituto enchéronse de pólas de árbores espidos invitándonos a toda a comunidade educativa a enchelos de flores de cores, de follas de versos, de paxaros cos seus nomes... E chegou a primavera!!!












6.3.18

ATRÉVETE A ROMPER ESTEREOTIPOS. LOITA POLA IGUALDADE.

Celebramos o 8 de marzo, día da muller, homenaxeando a todas as pioneiras galegas, as mulleres que souberon saltar barreiras e esixir os mesmos dereitos dos que gozaban os homes. Elas son o noso modelo a seguir: Exeria, a primeira escritora; Isabel Barreto, a primeira almiranta; MªLuz Morales, primeira directora dun xornal; Olimpia Valencia, a primeira doutora; Isabe Zendal, a primeira enfermeira en misión internacional; Sofía Casanova, a primeira correspondente de guerra; Irene González, a primeira futbolista; Aurea Rodríguez, a primeira gaiteira; Celia Rivas, a primeira condutora de camións, Angeles Mouriño, a primeira científica nun buque de investgación internacional; Marcela e Elisa, a primeira voda entre mulleres. Realizouse unha exposición no centro e puidemos ir pescudar nela para facer logo exposicións orais.



Tamén plastificamos carteis coas cen mulleres galegas pioneiras en diferentes campos  recollidas nun pdf da Consellería de Educación e colgámolas das árbores da alameda de Cangas para contribuír a dar a coñecer á sociedade as referentes que unha historia tradicional contada e protagonizada por homes nos tivo agochadas.





Desde o departamento de matemáticas colaboraron na celebración do Día da Muller dando a coñecer mulleres matemáticas que realizaron importantes contribucións ao longo da historia.

 

5.3.18

ATRÉVETE COA CORRESPONSABILIDADE NAS TAREFAS DOMÉSTICAS FALANDO EN GALEGO

Este é o reto que nos propuxeron ao alumnado de 4º.  Achégase o 8 de marzo e hoxe atopamos a fachada do instituto chea de mandís,


a entrada do instituto convertida nun cuarto dunha casa, con cama e todo, e un gran cartel chamando á corresponsabilidade nas tarefas domésticas e moitas fotos de profesores e alumnos realizándoas nas súas casas. 




E logo viñeron á clase para propoñernos participar nunha xincana na que deberiamos demostrar que xa superamos as discriminacións tradicionais que relegaron á muller e á lingua galega e as pecharon na casa superando unha serie de probas: 
tender e pasar o ferro,

coser un botón, 


arrombar un cuarto facendo a cama e limpando, 


facer unha torta de chocolate,


e colocar un colgadoiro empregando un trade e un desparafusador. 


E sempre falando en galego. 

Saiunos xenial, sobre todo a torta que comeremos mañá. 

Superamos o reto e estamos dispostas e dispostos a loitar pola igualdade no ámbito  doméstico e tamén no social e no laboral.