13 years ago
30.12.22
Nadal 2022: de Rodeira a Castrillón
O alumnado de 3º ESO do EDLG visitou o CEIP Castrillón para interpretar dúas cantigas de nadal ao alumnado de infantil e primaria
4.11.22
Samaín en Rodeira
Alumnado de 2º ESO e 3º ESO do EDLG organizou un Escape room e unha Busca do tesouro respectivamente, onde o uso da nosa lingua era fundamental para conseguir os obxectivos.
27.9.22
22.4.22
1.4.22
ESCOLLE NATUREZA. ESCOLLE PATRIMONIO
Celebramos a fin das duras restricións da pandemia dando a coñecer desde os taboleiros e desde o noso Instagram os fermosos lugares que Galicia nos ofrece, invitando a coñecelos, agora que comezan as vacacións de Semana Santa.
22.3.22
VIDEOPOEMAS
Recreamos nas aulas a partir de versos de poetas actuais e xogamos a combinalos ao chou coa técnica do cadáver exquisito. Cos versos escollidos o alumnado creou videopoemas.
21.3.22
ÁRBORE DE POESÍA
O 21 de marzo celébrase o Día da poesía e o Día da árbore. Por iso medrou no noso corredor unha árbore moi especial porque das súas pólas colgaban versos recreados nas aulas a partir da lectura de versos de poesía galega actual.
8.3.22
AS MULLERES DAS NOSAS VIDAS
Dedicamos o 8 de marzo a contar historias sobre as nosas mulleres, avoas e nais, coas que medramos e das que non deixamos de aprender e tamén a outras moitas que se converteron nos nosos referentes na loita polo dereito a escoller libremente a vida que desexan vivir.
28.2.22
26.2.22
25.2.22
RECITANDO A ROSALÍA
Que mellor agasallo para celebrar o aniversario de Rosalía que recitar e cantar os seus versos?
Subscribe to:
Posts (Atom)