9.4.15

DE RUTA POLAS ANTIGAS FÁBRICAS CONSERVEIRAS DE CANGAS


           
Son André Novas, alumno de 2º de Bacharelato. Cando nos propuxeron realizar un traballo de investigación sobre o patrimonio de Cangas, pensei que sería interesante recuperar e dar a coñecer  o noso patrimonio industrial. A súa importancia foi non só económica (sendo unha das principias industriais do concello, que deu traballo a centos de persoas, especialmente a mulleres) senón tamén histórica e social: as fábricas non eran meros axentes económicos, senón lugar de socialización, e a lingua, artesanía e profesións ligadas a ela son parte ineludible da nosa cultura. Por estes motivos, propuxen a realización dunha ruta a través das fábricas emprazadas no casco urbano (aínda que están tamén sinaladas algunhas en Aldán ou Hío). Eu fixen un documento en plataforma dixital pero a miña proposta é que houbese, nos propios edificios que foron fábrica ou que hoxe ocupan o seu lugar, un panel conmemorativo e explicativo. A súa restauración, ligada ós novos usos que se lle poidan dar aos edificios aínda existentes, é un paso obrigado en calquera proposta cuxo obxectivo sexa a revalorización histórica e cultural da industria conserveira.

O seguinte link conduce a un mapa personalizado de Google Maps onde están sinaladas as xa mencionadas fábricas, ademais da ruta a realizar. A ruta ten unha lonxitude de arredor de 4 km, sendo o tempo estimado de duración de 1 hora:

No comments:

Post a Comment

e ti que dis?