28.6.10

ORGULLOS@S DO GALEGO

MASIDE EN CANGAS

BANDA DESEÑADA CO BICHEIRO

Luís Davila, debuxante que coñeceredes polas súas viñetas como O Bicheiro no Faro de Vigo, estivo no instituto impartindo un obradoiro de banda deseñada para o alumnado de 1º da ESO. É impresionante a facilidade coa que saen das súas mans centos de personaxes, sempre inspirados na nosa cultura e cheos de retranca. Agradecémoslle todas as viñetas que fixo para nós e que axiña veredes enmarcadas polos corredores do centro.

CANGAS EN RIANXO

Por fin chegou o día de ir devolver a visita aos no@s nov@s amig@s de Rianxo. Recibíronnos no seu instituto onde nos falaron do seu traballo e da súa vila, cantaron e até fixeron maxia para nós. Logo fomos pasear á beira do mar. Comemos ao lado dun castro situado á beira do mar, Castro Neixón, e despois de comer visitamos o castro e gozamos coas magníficas vistas de Rianxo, ao outro lado do mar. Por último subimos ao mirador da Muralla. Hai que volver para as festas de Guadalupe…

24.6.10

PREMIOS

Desde o Equipo de Normalización, quixemos destacar neste día un espazo do centro que nos axude a vivir en galego. Todos sabemos da importancia de que existan espazos galeguizados, que nos acollan e nos que nos sintamos a gusto falando en galego. O escollido foi a cafetería do instituto, onde cada día Encarna nos recibe falando en galego. Fixémoslle entrega da nosa placa FALAMOS GALEGO cos nosos parabéns.
Premiamos tamén un espazo galeguizado no concello. Foi o RESTAURANTE “AS LAGOAS” de Vilariño. Jose, o dono do negocio, veu recoller a placa e os nosos parabéns. Estas placas, colocadas nos locais, publicitarán o uso da nosa lingua.
Agasallamos coa camiseta EU, ELEMENTO ÚNICO a Xaquín, alumno galego-falante de 1º de Bacharelato e a dúas alumnas de 2º de Bacharelato, Lucía e Natalia, que deron este ano o paso de convertérense en galego-falantes.
Como cada ano quixemos destacar tamén ao alumnado chegado de fóra que se interesa pola nosa lingua e non a quere ver como un obstáculo senón como unha riqueza que compartir. Destacamos a Ornela (1º Bach) e Laura Colom (4ºESO) polo seu interese por achegarse á nosa lingua que as levou a formar parte do E. de Normalización.
O GALEGO VENDE foi o lema da campaña na que quixemos destacar as empresas que etiquetan os seus produtos en galego e do concurso no que invitamos a deseñar etiquetas e marcas en galego. O deseño escollido na votación popular realizada ao longo da Semana da Ciencia foi unha etiqueta para auga co nome de “FORTECELTA” realizado por ALEJANDRA VIDAL, de 4º da ESO.
Tamén quixemos aproveitar esta celebración para agradecer o seu labor a todo o profesorado que dá as clases en galego. Para moito alumnado, que xa non ten galego na casa, son os únicos modelos de uso normalizado da nosa lingua. Grazas a eles, o galego é normal para o alumnado e con el@s aprenden tamén a utilizalo. Hai profes, moitos, aos que sempre oen falar en galego. Pero quixemos destacar especialmente o caso de dous profes que tiñan o castelán como lingua habitual e hoxe nos dan as clases en galego: a Pilar, profe de mate de ESO e Bacharelato e a David, profe do ciclo de informática de adultos.
E para cant@s se senten ORGULLOSOS E ORGULLOSAS DO GALEGO, houbo gominolas para PINTAR A LINGUA DE AZUL como símbolo de que o galego é unha lingua viva, e de que aceptamos nosa responsabilidade para que o siga sendo. Para que podamos VIVIR EN GALEGO sen complexos e seguir enriquecendo coa nosa achega orixinal a CULTURA UNIVERSAL.

LETRAS GALEGAS

Unha gran pancarta cun verso de Uxío Novoneyra, o autor homenaxeado este ano, chamaba ao noso compromiso. Hoxe, acadada xa a democracia, o galego precisa das novas xeracións para a súa normalización definitiva. O acto, presentado por Andrea e Nerea, alumnas de 1º de Bacharelato, comezou lendo todos xuntos un poema que Uxío Novoneyra escribiu nos anos 60, cando un grupo de mozos descubría que tiña unha identidade propia que fora esmagada nos anos máis escuros do franquismo e sentía a necesidade de berrarllo ao mundo. O poeta, ao que se lle dedica este ano, transforma a letanía relixiosa do poder nunha ladaíña que se solidariza cun pobo asoballado. AITOR foi o noso sacerdote-poeta e nós o pobo que respondeu a ladaíña.
Logo cantamos con Musical Rodeira unha versión en galego de “Miña terra galega” de Siniestro Total.



Premios:
Desde o Equipo de Normalización, quixemos destacar neste día un espazo do centro que nos axude a vivir en galego. Todos sabemos da importancia de que existan espazos galeguizados, que nos acollan e nos que nos sintamos a gusto falando en galego. O escollido foi a cafetería do instituto, onde cada día Encarna nos recibe falando en galego. Fixémoslle entrega da nosa placa FALAMOS GALEGO cos nosos parabéns.
Premiamos tamén un espazo galeguizado no concello. Foi o RESTAURANTE “AS LAGOAS” de Vilariño. Jose, o dono do negocio, veu recoller a placa e os nosos parabéns. Estas placas, colocadas nos locais, publicitarán o uso da nosa lingua.
Agasallamos coa camiseta EU, ELEMENTO ÚNICO a Xaquín, alumno galego-falante de 1º de Bacharelato e a dúas alumnas de 2º de Bacharelato, Lucía e Natalia, que deron este ano o paso de convertérense en galego-falantes.
Como cada ano quixemos destacar tamén ao alumnado chegado de fóra que se interesa pola nosa lingua e non a quere ver como un obstáculo senón como unha riqueza que compartir. Destacamos a Ornela (1º Bach) e Laura Colom (4ºESO) polo seu interese por achegarse á nosa lingua que as levou a formar parte do E. de Normalización.
O GALEGO VENDE foi o lema da campaña na que quixemos destacar as empresas que etiquetan os seus produtos en galego e do concurso no que invitamos a deseñar etiquetas e marcas en galego. O deseño escollido na votación popular realizada ao longo da Semana da Ciencia foi unha etiqueta para auga co nome de “FORTECELTA” realizado por ALEJANDRA VIDAL, de 4º da ESO.
Tamén quixemos aproveitar esta celebración para agradecer o seu labor a todo o profesorado que dá as clases en galego. Para moito alumnado, que xa non ten galego na casa, son os únicos modelos de uso normalizado da nosa lingua. Grazas a eles, o galego é normal para o alumnado e con el@s aprenden tamén a utilizalo. Hai profes, moitos, aos que sempre oen falar en galego. Pero quixemos destacar especialmente o caso de dous profes que tiñan o castelán como lingua habitual e hoxe nos dan as clases en galego: a Pilar, profe de mate de ESO e Bacharelato e a David, profe do ciclo de informática de adultos.
E para cant@s se senten ORGULLOSOS E ORGULLOSAS DO GALEGO, houbo gominolas para PINTAR A LINGUA DE AZUL como símbolo de que o galego é unha lingua viva, e de que aceptamos nosa responsabilidade para que o siga sendo. Para que podamos VIVIR EN GALEGO sen complexos e seguir enriquecendo coa nosa achega orixinal a CULTURA UNIVERSAL.





E para pechar o acto, cantamos o HIMNO GALEGO acompañad@s polos Músicos de maio.
E seguimos a festa con máis música, baile e xogos populares, organizados polo Departamento de Educación Física.

INTERCULTURAL

SEMANA DA CIENCIA

Un ano máis o IES de Rodeira celebrou a Semana da Ciencia, este curso na súa quinta edición:
unha selección de experiencias, concursos, obradoiros, montaxes audiovisuais, … nos que alumnado e profesorado participaron activamente. Este curso quixemos darlle un enfoque relacionado co consumo e a reciclaxe a fin de que todos nós creemos hábitos máis ecolóxicos e sostibles.
O Equipo de Normalización Lingüística presentou unha campaña de etiquetaxe en galego, e de consumo ecolóxico onde nos informaba das empresas que utilizan o galego como marca de calidade. Ademais houbo un concurso de ideas de deseño de etiquetas en galego e a gañadora, Alejandra de 4ºA, foi escollida por votación popular.
Tivemos un obradoiro de papiroflexia, unha exposición fotográfica do fotógrafo Peter Menzel de 30 familias de 24 países de todo o mundo xunto coa comida que consumirían esa semana; un “Seguidor dun raio de luz”, que usaba seis sensores de luz (LDR) cun panel xiratorio que se ía orientando seguindo a traxectoria dun raio de luz; videomontaxes como “Música e cerebro” ou “Atrapados pola tecnoloxía de consumo”.
Os “Experimentos sorprendentes” de física e de química foron a estrela desta Semana da Ciencia. Algúns deles foron feitos por alumnos de 1º de bacharelato (experimentos de cambios de cor, xeración de gases, transformacións de substancias variadas, revelación de pegadas dactilares,…) e outros foron feitos polo profesor Daría Lata, como a experimentación con fluídos non newtonianos (a mestura de auga e Maizena), os barcos incendiarios ou o volcán de escuma.
O Departamento de Bioloxía embarcounos na tarefa de facer papel reciclado. Alumn@os de 1º Bacharelato de Bioloxía fixeron de expertos monitores para que todo aquel que quixese facer a súa folla de papel reciclado. O de Informática presentounos un ordenador reciclado, a base das pezas dun vello PC do ano 2000 e un microondas que non funcionaba. Tamén fixeron a presentación dun libro electrónico (eBook)
Na clausura, o patio converteuse nun improvisado laboratorio onde tod@s puidemos experimentar con pompas de xabón, coa mestura “máxica” de auga con Maizena e admirarnos dos geyseres de Cocacola con Mentos.
E tod@s aquel@s que participaron no obradoiro de papel reciclado da Semana da Ciencia foron agasallados cun marcapáxinas feito a partir das follas de papel.


23.6.10

GUIMARAENS 2010

O inicio da excursión a Portugal estaba oficialmente datado para o día 29 de abril máis ou menos a segunda hora, pero todos sabemos, incluso os profesores, que esta excursión ocupaba todo o sitio da nosa cabeza de estudantes dende o remate do exame do libro de galego do día anterior ou podería dicir que incluso dende antes.

Diriamos que todo empezou con normalidade coas típicas batallas por conseguir os asentos traseiros do autobús pero sen chegar a derramar sangue. A viaxe ata Portugal foi tranquila, amenizada de fondo cos berros indispensables nunha excursión deste ano. Ao chegar dimos un par de voltas por Guimarães no autobús, supostamente para vela un pouco. E ver vímola, sobre todo a parte da rotonda a que dimos un par de voltas, pero todo isto só por vela, nin se vos ocorra pensar que o condutor se perdera nalgún momento. Neses 10 minutos de “visita turística no bus” a Guimarães, como non podía ser doutra maneira, cremos ver como 5 albergues diferentes nos cales supostamente iamos durmir... Aparcamos, breve camiñada e chegada ao primeiro punto clave.

Primeira impresión da guía: persoa tranquila con paciencia que sabía do que falaba, sempre en portugués por cortesía de Tilves. Pero o máis destacado desta 1ª parada non foi o castelo nin a historia de como Guimarães pasou na Idade Media de ser nada a un gran pobo con gran cantidade de igrexas e castelos que busca ser capital europea da cultura en 2012. O que máis atraeu os nosos ollos e un pequeno indicio de atención foi a famosa estatua do primeiro rei de Portugal tan ollada no libro de galego e os misterios de porqué había un home que vixiaba os baños públicos cada vez que saía alguén e sobre todo porque a guía tiña unha gran flor de peluche a cal non soltaba nunca, pero para resolver iso necesitaríamos outra visita e penso que Portugal e o albergue aínda non están listos para volver
acoller os alumnos de 1º de Bacharelato...

Pero o que importa foi como seguiu a excursión: despois dunha visita de moito camiñar, ver e oír cousas que nos importaban moitísimo, chegou a hora de comer. Descubrimos que en Portugal tamén hai cabinas de telefono londinenses, inauguramos unha fonte dos desexos e comezamos a darnos conta de que a puntualidade dos profesores fóra do instituto era escasa.

O día seguiu transcorrendo con tranquilidade e sen altercados salientables, subida en funicular a unha montaña a cal tiña unha igrexa e un parque realmente bonito onde puidemos gozar de unha hora de lecer para descansar. Baixamos igual que subimos e dirixímonos por fin ao albergue onde tivemos un “pacifico” reparto de habitacións e despois tempo para aprovisionarmos de comida para a noite e para descubrir que dispoñiamos dun ático enteiriño para nós e repleto de butacas e coxíns idóneos para realizar unha batalla de almofadas con eles, cousa que, como somos rapaces responsables, non fixemos. Chegou a cea e con ela as primeiras queixas sobre a comida, a cal tiña cousas boas e cousas non tan boas... Despois de rematar aos poucos de cear e bebernos unha gran dose de café, algúns saíron a dar unha volta e outros quedamos a gozar do ático ata unha hora razoable. En canto Tilves decidiu que era xa o momento de irse a durmir e descansar, pois ordenadamente metémonos nas habitacións e sen facer escándalo e deixando durmir aos profesores acochámonos nas camas e descansamos placidamente cada un na súa habitación toda a noite, por iso ao día seguinte todos estabamos espertísimos e listos para atender as explicacións que a guía nos deu dos lugares que nos tocaban visitar: ruínas do castro, casa dun fotografo, breve viaxe no funicular máis antigo de Europa, visita ao Bom Jesus e mais igrexas entre outras cousas. Comemos en Praga onde nos pediron que estiveramos puntuais no sitio de reunión ó cal os profesores chegaron 15 minutos tarde gañándose o segundo corredor e aplauso da excursión.

Tivemos outra visita a máis “interesantes” igrexas e 20 minutos para facer a correr a compra de regalos familiares ou simplemente algún que outro capricho persoal. Despois de andar ás carreiras todos tomamos dirección ao autobús onde nos despedimos da guía e de Portugal, e onde comezamos a facer reconto dos grandes momentos da excursión e de que aínda que tiveramos que facer grandes camiñadas co que todos nos quedamos foi co tempo que pasamos xuntos e con esas anécdotas que pasaran a posteridade. E con isto rematamos a esperada excursión a Portugal e comezamos a pensar xa nos 4 días de aventura en Cíes.

Iago Chapela Olivera

FALANDO GALEGO EN PORTUGAL, NO PORTO

Hai quen rexeita a nosa lingua porque non serve fóra de Galiza. Porén moitos galegos que viven no estranxeiro aseguran que o galego resultoulles moi útil e mesmo conseguiron traballos grazas á posibilidade que nós dá para comunicármonos cunha comunidade de millóns de falantes portugueses. O alumnado de 2º de Bacharelato comprobou un ano máis nunha viaxe ao Porto se esa comunicación era posible.

- Despois da experiencia do venres en Portugal está totalmente comprobado que é fácil falar e entenderse cos portugueses sen ningún problema. Non foi a primeira vez que fun a Portugal, de feito a O Porto xa fora no verán. Hai algúns anos tamén fun de viaxe ás illas Açores pero daquela aínda non tiña o costume de falar galego, ao menos coa miña familia. Cando fun ás illas falaba castelán e a miña tía insistíame en que falase galego porque así sería máis doado que me entendesen. Alejandra

- A excursión ao Porto estivo xenial! Gustoume moito. Non coñecía a cidade e é moi bonita! En canto a linguas todo moi ben, entendo perfectamente o portugués. A guía nas bodegas insistía en falarnos castelán , pero ao final explicounos todo en portugués, falándonos a modiño para que entendesemos todo. Penso que aínda que nos falase a ritmo normal o entenderiamos perfectamente. Preguntounos se aprendiamos portugués na escola e dixémoslle que non. Quedou abraiada de que entendesemos todo tan ben. Eu díxenlle que eramos de Galicia e falabamos galego que era semellante ao portugués. Díxonos que normalmente entendía mellor aos españois do norte ca os do sur. Silvia

- Pois claro que o galego é moi útil fóra de Galiza. Os que din que non serve non saben o que din. Eu xa estiven máis veces en Portugal e entendéselles todo moi ben, nunca tiven problema para falar cos portugueses. Carla González

- Pois claro que o galego é moi útil fóra de Galiza. De feito, se imos a Portugal xa o comprobamos. Á guía do museo entendíaselle todo perfectamente e ela tamén nos entendía a nós e todo grazas a que sabemos falar galego. Natalia, Raquel e eu tamén falamos cunha muller portuguesa, cando lle pedimos que nos sacase unha foto e comunicámonos moi ben con ela grazas ó uso do galego. Andrea Malvido

- Eu tamén estou de acordo. Supoño que todo o mundo que foi algunha vez a Portugal pensará o mesmo. É certo que cos do sur non nos entendemos tan ben coma cos do norte pero entendémonos igualmente. Eu pensei que na excursión habería frases que non sería capaz de entender pero para nada. Á guía entendíaselle todo perfectamente e se non sabía algunha palabra sacábaa axiña polo contexto. Custoume un pouco máis entender o vídeo que nos puxeron alí non sei porqué porque a guía xa nos avisara de que nos ía custar máis porque ela estábanos a falar moi lento para que puidéramos entendela. Aínda así, unhas amigas e máis eu falamos cunha muller pola rúa para preguntarlle onde estaba o centro comercial e entendemos todo perfectamente. Ou polo menos eu si. Sentíame privilexiada por falar galego e ser quen de comunicarme con eles sen problemas. Rebe Villar

- Estou completamente de acordo con que o galego serve fóra de Galiza, de feito penso que nos podemos entender perfectamente cos portugueses, algo que xa todos comprobamos ao irmos a Portugal, pero non só nesta viaxe ao Porto, senón en xeral. Os que din que non é útil fóra das nosas fronteiras son aqueles que están cheos de prexuízos e nada máis. Patri

RODEIRA EN MASIDE

Que ben o pasamos cos rapaces e rapazas de Maside!
Ao chegarmos estabamos nervios@s. Fomos ao patio do seu cole e, como xa nos temiamos, fixemos uns xogos para coñecérmonos. Por que se empeñarán sempre en comezar así? Alí, uns diante de outros non tivemos escapatoria. Pero ao final non foi para tanto e valeu para que tod@s nos viramos as caras e aprenderamos algúns nomes.
Fixemos grupos mesturados e dirixímonos, no mesmo autobús, a coñecer o castro de San Cibrán de Las: é impresionante de grande. Comemos alí mesmo e marchamos para Ourense cidade. Por grupos, percorremos o casco histórico buscando respostas a unha serie de enigmas que debiamos resolver xunt@s.
Rematamos o día na Chavasqueira, unha pasada de piscinas termais coa auga a diferentes temperaturas: pode chegar a 41º
Pasámolo moi ben. Para moitos de nós foi a primeira vez que fixemos amig@s da nosa idade falando en galego. Con el@s non resultaba tan difícil e acababas por sentirte cómodo falando. Foi unha experiencia moi interesante... Sen dúbida, a mellor maneira de aprender unha lingua: falándoa.