O alumnado do Ciclo Medio de Xestión administrativa e Superior de Administración e Finanzas, visitamos onte Inditex e Ikea.
En Inditex contáronnos o proceso loxístico do seu
negocio: como buscan tendencias, seleccionan provedores, confeccionan
prototipos de roupa nas tallas 42, 5-6 anos, e 9-12 meses, escalan a outras
tallas con programas informáticos de aproveitamento de teas, cortan e,
distribúen a calquera das súas tendas de todo o mundo nun prazo máximo de 24 horas en camión ou 30
en avión. Estivemos nas súas tendas-laboratorio de imaxe, nas cales experimentan co
mobiliario, solo, climatización, música, olores e colocación das prendas para
que resulten máis atractivos, e despois a reproducen en todas as súas
tendas, para reforzar a imaxe de marca.
Ao remate a guía
animounos a estudar idiomas; en Inditex-Arteixo hai traballadores de 143
nacionalidades e como idioma común teñen o inglés.
Xa pola tarde,
recibíronos persoal do departamento
Recursos Humanos e Atención a Clientela de Ikea, que nos organizaron unha visita en tres
fases: A primeira parada na zoa de oficinas,
onde nos explicaron unha breve historia de Ikea, os valores da empresa e o seu
concepto de negocio e de Recursos Humanos. A segunda parada, foi na zona dos
cinco primeiros, para ¿¿comprobar?? o seu método de deseño de produto, proceso
de compra. E a terceira parada, na zoa
de autoservizo- almacén, atendemos ao
concepto de loxística, por qué está a mercancía así organizada, a
sostenibilidade e conciencia social da empresa.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?