20.12.17

ATRÉVETE A CANTAR EN GALEGO



Hoxe, o alumnado que formamos parte do EDLG, celebramos unha festa en galego. Primeiro marcámonos como nas discotecas cun selo de corazón que levaba escrito “Quérote” e que funcionaba como entrada. Comezamos coa proxección das fotos e vídeos de todas as actividades que levamos feitas e logo chegou o momento máis esperado: a estrea de vídeos musicais gravados polos equipos para cantar e bailar. O equipo de 1º e 2º da ESO escolleu Medomedá, un tema do álbum de María Fumaça para o que, ademais de bailar, se disfrazaron de todos os personaxes das historia da nosa tradición de terror.  




O de 3º e 4º escollemos Alcolitos, versión galega de Páramo Pictures de Despacito, que ofrece un interesante debate entre a defensa do noso monte tradicional e a plantación de eucaliptos para conseguir cartos rápido sen ter en conta o dano medioambiental. 




O alumnado de Bacharelato escolleu Terra de Dakídarría.


 

O profesorado do EDLG, que tamén participou como cada ano, gravou un vídeo de humor sobre o tema Quero morrer en Jalisia de Monoulious DOP. 

Tras cada proxección, o grupo saíu cantar o seu tema, acompañado polo público nos retrousos.







Tamén cantamos vídeos gravados outros anos polo alumnado de 2º de Bacharelato que xa marcha do instituto como Fai sol de Terbutalina 




ou Quero ver como te ris de Medomedá. 




A festa rematou cunha comida compartida.




12.12.17

ATRÉVETE CO GALEGO NA EMPRESA



O traballo de investigación realizado polo alumnado de ciclos formou tamén parte da decoración navideña, atando, con lazos prateados nunha gran rede azul en forma de árbore de Nadal, carteis informativos e etiquetas e produtos etiquetados en galego, menús de restaurantes, camisetas, cuncas, fundas para móbiles e táblets, publicidade… invitando a consumir produtos aos que o uso do galego  lle engade un selo de orixinalidade e distinción.










11.12.17

ATRÉVETE A LER EN GALEGO

Para que as novidades de libros, audiovisual e música en galego chegasen ás casas, editamos, de xeito conxunto cos outros EDLG do Morrazo, un tríptico con suxestións para toda a familia e recomendación por idades:
- Para educación infantil 






- Para educación primaria 





- Para educación secundaria 

4.12.17

ATRÉVETE CO GALEGO NA CELEBRACIÓN DO NADAL


Chega o Nadal e desde os equipos procuramos unha maneira orixinal de decorar o centro, facendo do galego o elemento central. Escollemos as cores azul e prata e eliximos como elemento central da planta baixa unha orixinal ÁRBORE DE NADAL, feita cun anaco de mar en diferentes azuis cortado en forma de triángulo rematado nunha onda e adornada cos peixes de papiroflexia feitos polo alumnado para celebrar o Día da Ciencia en galego. Quedou xenial!



Arredor da árbore organizamos POSTOS DE FEIRA, tamén decorados e azul e prata nos que se ofreceron suxestións para agasallar en galego. Expuxéronse as novidades de narrativa, ensaio, poesía, banda deseñada, música e audiovisual que nos ofreceron as editoriais galegas. Visitamos o Culturgal e trouxemos novidades para dar a coñecer á comunidade educativa xunto con pósters, chapas, cartas en galego para os Reis Magos… Tamén nos puxemos en contacto con Xerais, Galaxia e Consorcio Editorial que nos deixaron novidades en depósito para dalas a coñecer a toda a comunidade educativa.


O alumnado puido baixar á exposición e propoñer o que máis lle gustaba para ter na biblioteca do centro cuxo coordinadora atendeu, encantada, as súas propostas.