30.11.18

GUÍAS DE LECTURA PARA AGASALLAR NO NADAL

Como cada ano, o EDLG dos coles e institutos do Morrazo asumimos a tarefa conxunta de seleccionar suxestións de lectura e música en galego para os agasallos do Nadal. Aquí tedes os resultados:










23.11.18

MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Un grupo de alumnas e alumos de 1º de Bacharelato encargámonos de facer o manifesto e de lelo na concentración de repulsa fronte á violencia de xénero. A nosa reflexión partiu do último banzo da escaleira do maltrato, facendo presentes ás mulleres asasinadas e tamén aos nenos e nenas a través dos zapatos ensanguentados. Pero tamén quixemos alertar de que a violencia de xénero comeza moito antes e debemos estar atentas aos sinais que avisan das relacións tóxicas e fuxir delas. Por último protestamos pola pervivencia de micromachismos na sociedade actual e mostramos as nosas pulseiras lilas como símbolo da nosa aposta convencida pola igualdade.
  



Logo levamos as pancartas e os zapatos vermellos ao valado 

exterior do instituto para visibilizar aínda máis o noso 

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO.









ACTO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

O tempo non permitiu facer o noso acto tan público como nos tería gustado. Pero a chuvia, o vento e o frío non impediron que nos concentrásemos no exterior do centro para berrar todo o instituto cunha soa voz: VIOLENCIA MACHISTA: BASTA XA!
Alumnado dos Ciclos de Electrónica:


Dos Ciclos de Informática: 




Do Ciclo de Administración e Finanzas: 



Do Bacharelato:




E da ESO










 

22.11.18

A ESCALEIRA DO MALTRATO

Construímos tamén na entrada do instituto a escaleira do maltrato para non esquecer que o asasinato é o último banzo dunha violencia que comeza moito antes, invitando ao alumnado a reflexionar sobre as súas relacións de parella e a estar atento aos sinais que nos fan detectar relacións tóxicas que debemos rexeitar. 








UNHA INSTALACIÓN COLECTIVA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Ao longo de toda esta semana, despois da charla sobre violencia de xénero, quixemos facer presente no instituto ás mulleres asasinadas este ano pola súas parellas e ex-parellas e tamén aos nenos e nenas. Fixémolo dunha maneira simbólica, cubrindo de negro a zona central do instituto e colocando un gran non en papel vermello. Invitamos a toda a comunidade educativa a ler en voz alta noticias de xornal sobre os asasinatos e a pintar de vermello uns zapatos de muller. 

















20.11.18

ARTUR E CLEMENTINA EN KAMISHIBAI

O alumnado de 1º ESO C representamos esta historia para o resto do alumnado de 1º da ESO.  Lemos o conto de Adela Turín, na edición de Kalandraka, e convertémolo en escenas, ilustradas por nós, que mostramos en kamishibai, unha forma de contar unha historia moi popular en xapón. As láminas colócanse e orde nun soporte, un teatriño que se chama butai, e vanse pasando mentres se e o texto escrito por detrás.
A historia destas tartarugas invitábanos a reflexionar sobre as relacións de parella. A súa non funcionaba porque Artur cría que era el o que se tiña que encargar de que Clementina fose felize quería soluconar todos os problemas mercándolle cousas que Clementina tiña que cargar na súa cuncha. Ata que ela se fartou, liberouse da cuncha e marchou a vivir a súa propia vida. Saír con alguén non che dá dereito a dicirlle como ten que vivir. A maneira de demostrar o amor é deixar que a outra persoa poida ser libre de tomar as súas decisións e nunca obrigar a alguén a facer o que nós queremos. 

19.11.18

CONTAXIA GALEGO NA POLÍTICA

Esta tarde tivemos no instituto uns invitados moi especiais, tres ex-parlamentarios que nos falaron da súa experiencia na política e reflexionaron con nós sobre os problemas actuais: Modesta Riobó, Manuel Pérez e Miguel Barros. Esta actividade organizouna o Departamento de Adminstrativo e estivo aberta a pais e nais e público en xeral.





16.11.18

CONTAXIA COMPROMISO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe tivemos o pracer de recibir de novo no instituto a Antía e a Lía, universitarias e ex-alumnas de Rodeira que, xunto con Marta, de 2º de Bacharelato, impartiron unhas charlas ao alumnado do centro sobre violencia de xénero, contaxiando o seu compromiso a favor da igualdade e na loita contra os estereotipos e os micromachismos. Con elas lembramos a escaleira do maltrato e o concepto de consentimento, requisito indispensable para as relacións sexuais ocasionais ou na parella. Grazas polo voso compromiso!!!





12.11.18

ZAPATOS VERMELLOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Precisamos calzado vello de muller ou de neno ou nena de calquera cor e forma (zapatos, botas, tenis, chanclas, pantuflas...) para a campaña deste ano contra a violencia de xénero.  Podedes ir traendo o que teñades por casa.

Sumámonos á campaña iniciada pola artista mexicana Eline Chauvet "Zapatos vermellos", secundada en diferentes cidades europeas, para denunciar a violencia machista e facer presentes ás mulleres asasinadas polas súas parellas e ex-parellas e tamén aos nenos e nenas, poñéndonos nos seus zapatos.






NA CASA DE ROSALÍA

O alumnado de 1º da ESO fomos hoxe a Padrón para visitar a casa-museo de Rosalía, a casa na que viviu nos seus últimos anos, rescatada polo Padroado e rehabilitada grazas a moitas doazóns seguindo as indicacións da súa filla Gala que viviu ata os 90 anos. Soubemos que fora filla de solteira, de pai crego, que por esa razón nacera en Santiago e fora bautizada no que hoxe é o Hostal dos Reis católicos, daquela Hospital de Peregrinos. De nena viviu cunhas tías en Ortoño e logo marchou coa súa nai para Santiago onde recibe formación e participa na vida cultural. En Madrid coñeceu ao que sería o seu home, o escritor Manuel Murguía. Na casa puidemos ver moitas fotos dela, do seu home e dos seus cinco fillos porque tivo outros dous pero morréronlle, un de pequeniño e outra xa naceu morta. Vimos cadros do seu fillo Ovidio, que era pintor. Puidemos percorrer a cociña da casa, cunha gran lareira e o seu cuarto, coa cama na que morreu na que cada día colocan unha flor da fermoso xardín que rodea a casa. Na parede, afrase que dixo antes de morrer: "Abride a fiestra que quero ver o mar". Tamén hai una saliña na que se conserva o seu piano. Contáronnos que Rosalía era unha gran apaixonada da música e que sabía tocar sete instrumentos. E, por suposto, una sala coa súa obra en galego e en castelán, con algunas primeiras edicións. Non se conservan manuscritos da súa man porque ante de morrer, de cacro, pediulle a súa filla Gala que os queimase todos. Agora xa coñecemos mellor a esta escritora que é todo un símbolo para a cultura galega.



Logo fomos paseando ata Padrón. Na súa zona vella puidemos merendar e pasar un tempo de lecer. Por último visitamos a igrexa que está na Alameda, á beira do río Sar, entre unha estatua de Rosalía e outra do escritor Camilo José Cela que tamén era de Padrón. Na igrexa explicáronnos que no tempo dos romanos o río Sar era navegable e as barcas atábanse a grandes pedras ou pedróns, como a barca que segundo di a tradición, trouxo os restos apóstolo Santiago. Un deles consérvase baixo o altar da igrexa. É impresionante poder ver algo tan antigo!