A semana do 13 ó 17 de abril deste curso organizouse a
Semana da Ciencia, con moitos obradoiros dirixidos polo alumnado da ESO e
Bacharelato. Os rapaces encheron de cor e maxia a aula de usos múltiples en
cada recreo amosándolle aos demais compañeiros os seus experimentos ou
traballos de investigación. Puidemos ver tintas fluorescentes, como facer un
canón con imáns, pilas-pataca, electrólises de metais, un xardín químico, xeo
instantáneo … Moitísimas cousas que encerraban tras de si moitos días de probas
e un gran traballo dos estudantes, afección pola ciencia e sobre todo o máis
importante: curiosidade e ganas de aprender cada día un chisco máis. Os
profesores de física, química, tecnoloxía… prestaron axuda ao alumnado deixándolles
todo o material que precisasen e motivándoos. Esta actividade tamén nos axudou a ver que o galego cada día está
máis presente en máis ámbitos, neste caso na ciencia e na tecnoloxía. Todos os
alumnos desenvolveron as súas explicacións en galego o que amosa que non hai
ningunha dificultade para exportalo a máis ámbitos. Agardamos con impaciencia
que curiosidades, misterios e novos experimentos nos traerá o alumnado o ano
que vén.
Obradoiro da célula do Departamento de bioloxía e
Xeoloxía
Experimentos do Departamento de Física e Química
Demostracións do Departamento de Tecnoloxía
Obradoiro do cubo de Rubik do Departamento de Matemáticas
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?