24.2.13

HOMENAXE A ROSALÍA



Este ano cúmprense 150 anos da publicación de Cantares Gallegos. Por iso o seu día, o 24 de febreiro, era aínda máis especial. Invitámola e fíxose presente: ás aulas chegou pola rede desde o noso symbaloo, á biblioteca desde os poemas dos seus libros recitados por maiores e pequenos, aos corredores en libros, e versos en follas de cores para escoller, e debuxos e versos manuscritos, e voces que recitaron nos recreos, e versos convertidos en teatro... percorreu as rúas de Cangas no son das gaitas e resoou solemne no Auditorio.

Porque a nosa poeta é eterna, chamas por ela e todos e todas senten que está aí.

recitado rosalia from lingualiza on Vimeo.


santinha from lingualiza on Vimeo.



22.2.13

21.2.13

21 DE FEBREIRO, DÍA DA LINGUA MATERNA.



Neste día, invitámoste a tomar distancia e pensar no mundo que defendes. Se gozas ante a diversidade da riqueza natural e paisaxística, se che gusta coñecer e compartir outras manifestacións culturais diferentes á túa, tamén debes abrir os ollos á riqueza de linguas que existen no mundo. Aquí van 10 consellos para un cambio de actitude que nos faga lingüisticamente sostibles. Desde esta nova perspectiva, repensa no valor que o galego, lingua materna da nosa xente durante séculos, ten para ti e no que queres que teña para as xeracións futuras e actúa en consecuencia.




 
 

14.2.13

TI ES PARTE. ACTÍVATE E EXPRESA O QUE LEVAS DENTRO.

Nunha nova edición da Campaña Bicos coa túa lingua, fixémonos fotos dedicadas para felicitar San Valentín aos nosos amigos e amigas. Porque o galego, como o amor e a amizade, é algo que levamos moi dentro de nós e que queremos expresar neste día tan especial. Este ano renovamos formato. Así de ben quedaron as felicitacións que compartimos na rede.


8.2.13

TI ES PARTE DUNHA CULTURA CON TRADICIÓNS PROPIAS. ACTÍVATE E CELEBRA O ENTROIDO.



Un éxito absoluto o noso concursos de comparsas e coplas satíricas en galego, co sol como invitado máis desexado. Houbo críticas aos profes e aos deberes que converteron en vellas e vellos ao alumnado de 1º da ESO; recibimento hawaiano de 3º da ESO para gozar, convertidos en turistas, dunha estancia especial en Rodeira Door, crise e corrupción como tema estrela dos leñadores de 1º de bacharelato que parecían dispostos a cortar cabezas; das señoras da limpeza ou dos bañistas arrastrados polo tsunami de 2º de bacharelato. Tamén nos maiores houbo queixas ao exceso de traballo convertido en sacrificio humano na recreación dun pobo maia ao ritmo da canción da abella Maya. Non faltaron orixinais disfraces individuais que tamén participaron no concurso. E xa, fóra de concurso, a comparsa dos profes convertidos en persoal sanitario coidando un ensino público convertido en esqueleto en cadeira de rodas, criticando a redución de orzamentos e a nova lei ao rimo de “Resistirá...Resistirei”.

coplas from lingualiza on Vimeo.


E lembramos a toda a comunidade educativa o grande esforzo dos veciños de Hío na organización do seu Entroido, explicando o seu desenvolvemento. Animamos a todos e todas a participar desde o respecto e o sentidiño.