28.11.17

ATRÉVETE. TOLERANCIA CERO CONTRA O MACHISMO

Vestimos de negro o IES de Rodeira para chorar as asasinatos e o sufrimento causado pola violencia machista e convertemos o noso compromiso pola superación dos estereotipos e a favor da igualdade plena de homes e mulleres en bolboretas brancas. Así, vestidos de negro e coas bolboretas brancas prendidas na roupa formamos unha cadea humana ata a Praza das Pontes onde o alumnado de 2º Bacharelato deu lectura a un manifesto contra a violencia e a favor da igualdade. Ao regreso ao centro, na tea negra que levaba unha semana poñendo de loito o valado exterior e escapando dunha mancha vermella que simbolizaba a violencia , deixamos as nosas bolboretas prendidas para dar testemuña de que  é posible a esperanza se nos atrevemos a romper coas relacións tóxicas e construír un mundo onde o amor nos faga libres e iguais.


27.11.17

NOVA GARDA: A relixión do mar


Vémonos o sábado, na Fonte do Galo, ás 20h.

13.11.17

ATRÉVETE A CONSERVAR AS NOSAS TRADICIÓNS

Este ano por fin San Martiño chegou co seu verán e tivemos un día espléndido para celebrar o magosto. Unha enchenta de castañas asadas e moitas ganas de cantar e bailar ao son da nosa música máis tradicional.




magosto from lingualiza on Vimeo.


7.11.17

ATRÉVETE A FACER AMIG@S EN GALEGO

Por fin chegou o día de coñecer en persoa aos amigos e amigas da Estrada. Contactamos con eles o curso pasado por carta e logo mantivemos contacto a través das redes sociais. E hoxe por fin collemos un bus para ilos visitar ao seu instituto. Pasamos a mañá polo centro da Estrada, coñecendo os lugares nos que soen divertirse. Logo volvemos ao instituto para facer unha comida compartida na biblioteca. Rematamos o encontro cun xogo de pistas nunha carballeira próxima. Foi un día inesquecible. Xa esperamos impacientes que nos devolvan a visita en abril.










 

6.11.17

DOMINGO FONTÁN NO DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Para celebrar o Día da Ciencia en galego o alumnado de Bacharelato investigamos a figura de Domingo e expuxemos a información que atopamos na entrada do instituto.


Alí colocamos tamén unha reprodución do seu mapa feita por Marcos e Iria, dous topógrafos, exalumnos de Rodeira. A súa charla foi moi interesante. Quedamos impresionados co traballo de Domingo Fontán e o adiantado que foi para o seu tempo. Admira ver canto conseguiu aproximarse aos mapas que temos hoxe sen contar con toda a tecnoloxía que temos hoxe! Tamén conversamos con Marcos e Iria sobre a carreira de Topografía, unha especialidade de Enxeñaría que eles estudaron en Lugo, e dos seus proxectos na empresa que montaron en Cangas que se chama METRA, agora xa empregando as novas tecnoloxías.








ATRÉVETE COA FÍSICA EN GALEGO

Con motivo do Dia da Ciencia en Galego, alumnado voluntario explicou leccións de física, matemáticas e tecnoloxía en galego para os seus compañeiros e compañeiras de Bacharelato. Aquí tedes a Manel explicándonos por que voan os avións.

ATRÉVETE A NADAR CONTRA CORRENTE: CIENCIA E TECNOLOXÍA EN GALEGO

O alumnado da ESO celebramos o Día da ciencia en galego cun gran mural colectivo para reivindicar o ensino da ciencia e da tecnoloxía en galego. Atrevémonos a nadar contra corrente defendendo que, como estudantes, temos tamén o dereito a gozar en galego das matemáticas, a física e química ou a tecnoloxía. E fixémolo con peixes de papiroflexia sobre un fermoso fondo mariño. Aquí tendes fotos do evento e as instrucións para a realización do peixe.


3.11.17

SAMAIN NAS AULAS

2.11.17

UNHA INSTALACIÓN TERRORÍFICA

Que mellor inspiración que a convocatoria dun concurso creativo terrorífico para animarse a montar unha instalación artística! Fomos o alumnado de 2º de Bacharelato de Arte e  Debuxo artístico quen a montamos e organizamos visitas guiadas nas que explicamos os elementos terroríficos que conformaron unha instalación inspirada na pintura, nos relevos e no cine cunha presenza destacada das novas tecnoloxías. Foi unha experiencia moi enriquecedora!


instalación terrorífica from lingualiza on Vimeo.