A concienciación individual e colectiva de poñer
en valor o patrimonio material do noso concello." Orgullosos do noso"
- o monte comunal, os recursos naturais, o grande e valioso patrimonio
arqueolóxico e arquitectónico - civil, industrial, popular, relixioso, - foi a
constante que trouxo consigo este proxecto.
Queremos o que coñecemos e forma parte de cada un e unha de nós.
Queremos a nosa familia, os nosos amigos e amigas, porque os coñecemos e
forman parte da nosa vida. Todo o patrimonio presente, conservado a través da
historia, que configura a idiosincrasia, identidade e configuración de cada
concello, é algo que temos que interiorizar, defender e proxectar. E para tal
fin debemos coñecer ben o que fomos, o
que somos, sentírmonos orgullosos e orgullosas do pasado e presente, asumindo a
responsabilidade histórica do tempo que nos toca vivir e contribuírmos a entregar
este legado que recibimos aos nosos continuadores.
Ao redor deste proxecto fomentamos desde
principio de curso, nas aulas de Xeografía e Historia, o traballo individual e
en grupo, investigador e documentalista, traballo de campo con conversas con
persoas das parroquias, das artes e da cultura. En distintos formatos -
folletos informativos, rutas turísticas, presentacións, murais, fotografía,
reportaxes, maquetas, aplicacións e webs,… Realizamos tamén visitas guiadas polo casco vello de Cangas, a
cargo da responsable técnica municipal de Turismo, informando e interactuando
co alumnado sobre os principais espazos urbanos e monumentos do noso
municipio. O alumnado de distintos
cursos elaborou rutas, guías turísticas, trípticos, presentacións, vídeos…
sobre o rico patrimonio do concello, valorando a importancia que ten a súa
conservación e aproveitamento para desenvolver un turismo cultural de calidade
que coide e respecte o entorno.
Xa podedes pasar a ver a exposición, mostra destes traballos, e
participar nas charlas-coloquio para cada un dos niveis educativos ou abertas
ao público en xeral pola tarde.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?