17.6.16

FIN DE CURSO EN CÍES

Que mellor paraíso que Cíes para celebrar que o curso remata e chega o verán?



Tivemos monitores que nos ensinaron a illa e tivemos que dicirlles que falasen en galego. Co ben que o facían! Que mellor xeito que defender o patrimonio natural que facelo defendendo tamén o patrimonio da nosa lingua!

13.6.16

OS CONSELLOS DE SOLETE PARA GOZAR DA PRAIA

Aquí tedes a campaña que fixemos o alumnado de 4ºD coa nosa mascota SOLETE no instituto e na praia de Rodeira cos seus mandamentos para que gocedes do sol sen risco para a vosa saúde e conservemos o marabilloso entorno da nosa costa.
 

2.6.16

CONTOS EN GALEGO PARA NENOS E NENAS


Os máis pequenos son o futuro do galego e o EDLG de 2º da ESO quixo implicarse na transmisión da nosa lingua escollendo cinco historias cheas de imaxinación e vaolores positivos coas que compartimos unha hora de diversión.
 

Amelia quere un can ensina como a intelixencia dunha cativa consegue convencer aos maiores para que se cumpra o seu maior desexo.
  




Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis levou un bo susto e pensou que só ía ter carbóns. Neste conto descubrimos o sentido do humor dos Reis Magos que converteron o último vagón do tren que quería Martiño nun penico.
 
 


A Princesa Sabela aprendeunos que é moito máis divertido e estimulante traballar e esforzarse por unha mesma porque descobres cousas novas e podes vivir moitas aventuras. Ser princesa e deixar que outros fagan todo por ti é aburrido, aburrido, aburrido...


 

Con O Papón aprendemos que para convencer a alguén de que deixe de facer algo que non nos gusta, comerse xente neste caso, funciona, moito mellor que a forza bruta, o cariño e deixalo formar parte do noso grupo de amigos.
  


Os tres bandidos decatáronse de que nada nos fai tan felices como gastar o diñeiro e as riquezas que gardamos na felicidade dos demais.


 

1.6.16

NATUREZA EN FOTOS E VERSOS


Que mellor que os versos de Manuel María para acompañar as fermosas fotografías que a comunidade educativa presentou a unha nova edición do Concurso de Fotografía da Natureza, convocado polo departamento de Bioloxía?