30.4.18

FESTA DO MUÍÑO

Xa queda pouco para a nova edición da Festa do Muíño. Vémonos para cantar e bailar e na ruta dos muíños.


25.4.18

ARREDOR DE TI

Alumnado do IES de Rodeira enchemos a sala de actos do colexio Eduardo Pondal para apoiar aos nosos compañeiros e compañeiras do grupo de teatro na estrea da súa obra Arredor de ti, dentro da Mostra de Teatro de Ensino Secundario do Morrazo. Foi un éxito total!!! Parabéns á Réplika de María: Iker Marcus, Tomás Soaje, Aitor Gandón, Sara Malvido, Sabela Rúa, Lucía Núñez, Rubén Sotelo, Candela Carvajal, Miguel Collazo, Laura Carballo, Yaiza Portela, Noel Malvido, Abel Villar, Yago Otero e Alba Fernández e ao seu director, Xoán Riobó.





24.4.18

XXII MOSTRA DE TEATRO DE ENSINO SECUNDARIO DO MORRAZO


Mañá bota a andar, un ano máis, a Mostra de Teatro e, tamén un ano máis, xa está o noso grupo A Replika, que este ano actúa co grupo do IES María Soliño, cos nervios dos últimos ensaios.

O dramaturgo, actor e director Cándido Pazó será o encargado de abrir esta 22ª edición, máñá ás 10.00 horas, antes de que o grupo de teatro anfitrión suba ao escenario para representar A illa amarela, de Paloma Pedrero, en adaptación e dirección de Ángel Currás. A obra parte do regreso dun pequeno grupo de valentes isleños que, despois de explorar o mundo exterior, amosan aos compañeiros os produtos que inventamos os pobos civilizados para cubrir necesidades que non o son tanto.

E logo chegará  o momento máis agardado, a representación protagonizada polo noso alumnado de teatro do noso instituto da obra Arredor de ti. A Réplika de María, baixo a dirección de Xoán Riobó, levará a escena unha historia que sucede en Ancoradouro, un chiringo de praia, un espazo de calma e tempestade, un lugar que amosa fragmentos de vida, un diálogo sobre as relacións. A ruptura, a infidelidade, a manipulación, a dificultade de relación os as diferentes tendencias sexuais son temas que percorren esta illa de liberdade e axitación.

Moita merda!!!






23.4.18

NOVA GARDA DE 8 A 10


Vémonos na Fonte do Galo o xoves ás 20h

20.4.18

ATRÉVETE CO TANGRAM E O XADREZ



Este foi o reto de Matemáticas que nos propuxo alumnado voluntario de diferentes cursos, desafiándonos a formar figuras co tangram e a continuar diferentes partidas ao xadrez.




 Os retos do xadrez convertéronse ademais en fermosas historias contadas polo alumnado.









 




19.4.18

ATRÉVETE A MEDIR AS TÚAS CAPACIDADES

Alumnado monitor explícanos algunhas das probas de medición de capacidades e habilidades que se están a realizar na Semana da Ciencia, organizadas desde o Departamento de Bioloxía.
 




 


18.4.18

EXPERIMENTANDO COAS CORES

Alumnado de Física e Química fálanos dos experimentos que están a realizar na Semana da Ciencia, todos eles relacionados coas cores.







17.4.18

ATREVÉNDONOS COA CIENCIA E COA TECNOLOXÍA

A Semana da Ciencia e da Tecnoloxía está a desenvolverse na Sala de Usos Múltiples con gran éxito de participación. 


Lembra que podes pasar en calquera recreo desta semana para participar nos obradoiros!

OBRADOIROS DE MATEMÁTICAS: XADREZ E TANGRAM


  
PROBAS DE CAPACIDADE E RESISTENCIA (BIOLOXÍA  E XEOLOXÍA)



ROBOTS E CIRCUÍTOS (TECNOLOXÍA)


-XOGOS DE ORDENADOR DESEÑADOS POLO ALUMNADO DE INFORMÁTICA


-EXPERIMENTOS DE FÍSICA E QUÍMICA






12.4.18

ATRÉVETE CO GALEGO NA CIENCIA E NA TECNOLOXÍA

Xa está aquí a nova convocatoria da Semana da Ciencia e da Tecnoloxía. Lembrade que podedes participar en obradoiros en galego ao longo de todos os recreos da semana próxima. Este ano, desde o departamento de Bioloxía e Xeoloxía, propóñennos diferentes xogos para medir a capacidade de atención, de retentiva, de forza física, de respiración... Cada día publicarase quen consegue as mellores puntuacións... Co xadrez e co tangram teñen que ver os retos que nos propón o Departamento de Matemáticas e ademais poderemos escoitar historias incribles. Ou seguir de preto cada un dos experimentos de Física e Química, este ano relacionados coas cores. O alumnado de Informática invítanos a gozar de xogos da súa creación e o de Tecnoloxía, de circuítos e robots.
Para ir abrindo boca, podedes ver xa na planta baixa traballos do alumnado do centro: carteis anunciando esta Semana 





e unha exposición das fotos presentadas ao concurso de fotografía matemática.





 

8.4.18

XORNADAS SOBRE LAICISMO

Aquí tendes o programa das Xornadas de Laicismo organizadas polo Departamento de Xeografía e Historia e polo Departamento de Filosofía, con conferencias no centro para o alumnado de Bacharelato e tamén no Auditorio do Concello de Cangas para o público en xeral onde haberá ademais actuacións teatrais e musicais.



2.4.18

CHEGA O CITEAMOR

Atentos e atentas ás novas citas no Auditorio que xa comeza o CITEAMOR.