31.5.21

ESCOLLE TEATRO GALEGO: O MEU MUNDO NON É DESTE REINO


O próximo sábado 5 de xuño ás 20:00 horas temos unha nova cita no Auditorio de Cangas. TEATRO DA RAMBOIA presenta: O MEU MUNDO NON É DESTE REINO.

 Uns feirantes chegan ao que chaman fogar logo dun día de traballo. Son Camilo e Tomás, dous titiriteiros que levan o mesmo espectáculo unha e outra vez polas vilas do país. Carretan ás costas un enorme “tutilimundi”. A disxuntiva de abrilo convérteo nunha caixa de Pandora latente. Contar e dar vida ao que contén, supón a única vía de escape dos totalitarismos que os oprimen. Un xeito de sobrevivir nun reino militarizado sen trazas de lóxica humanística. Nun contexto ao que non pertencen, nun reino que non é do seu mundo. Ábreno. As marionetas emerxen da farsa como alegorías incontrolables e esperpénticas dunha realidade pasada. A comedia ábrese paso como xerme de cambio nun xogo continuado entre o micro e macro teatro. Ata que todo remata. Desbórdase. Neste Reino a inxustiza tínguese de vivas cores querendo despistar ao senso común, ao oprimido. E que ocorre co resto? Cos que lle rodean? Esvaecen nun fondo descolorido.

O MEU MUNDO NON É DESTE REINO é unha adaptación da “Farsa de Bululú” de Manuel María, unha parodia da ditadura franquista. A recuperación do título orixinal da obra serve para proxectar este laio silenciado no seu día. Hoxe, encabeza o espectáculo de novo para facer fronte a un pasado que insiste en repetirse.

Dramaturxia e dirección: María Peinado. Elenco: Anxo García e Fran Lareu.

Esperámosvos alí!

ESCOLLE CINE BRASILEIRO EN VERSIÓN ORIXINAL: BACURAU

 O venres 4 de xuño, ás 21:00 horas o Cine Club de Cangas proxecta Bacurau.


Bacurau é um filme franco-brasileiro de 2019, dos gêneros drama, faroeste, terror gore, fantasia e ficção científica, escrito e dirigido por Kleber Mendonça Filho e Juliano Dornelles. É produzido por Emilie Lesclaux, Saïd Ben Saïd e Michel Merkt e estrelado por Sônia Braga, Udo Kier, Silvero Pereira e Bárbara Colen. O título do filme é o apelido do último ônibus da madrugada no Recife, e a origem do nome vem de uma ave de hábitos noturnos comum nos sertões brasileiros, que era chamada pelos povos tupis de wakura'wa.

Num futuro próximo, Bacurau, uma pequena cidade brasileira no oeste de Pernambuco, lamenta a perda de sua matriarca, Carmelita (Lia de Itamaracá), que viveu até os 94 anos. Dias depois, seus habitantes aos poucos percebem algo estranho acontecer na região: enquanto drones passeiam pelos céus, estrangeiros chegam pela primeira vez na cidade com planos de exterminar toda a população ali residente, carros são atingidos por tiros e cadáveres começam a aparecer. Os habitantes chegam à conclusão de que estão sendo atacados. Resta identificar o inimigo e criar coletivamente um meio de defesa.


A produção conquistou o Prêmio do Júri no Festival de Cannes de 2019, tornando-se o segundo filme brasileiro da história a ser laureado no certame geral, após O Pagador de Promessas (1962) de Anselmo Duarte. O filme foi selecionado para mostras principais de festivais prestigiados mundialmente, como o Festival de Nova York (NYFF), Festival de Havana, Festival du Nouveau Cinéma de Montreal, Festival de Cinema de Munique, Festival de Cinema de Sitges e outros. Além disso, o filme foi indicado a diversas categorias do Grande Prêmio do Cinema Brasileiro e do Prêmio Guarani de Cinema Brasileiro.

24.5.21

GRADUACIÓN DE 2º BACHARELATO E CICLOS

ESCOLLE MÚSICA EN GALEGO: AILÁ


"Ailá" é un proxecto artístico inspirado nas recolleitas históricas dos cantos de transmisión oral na Galiza. É unha proposta pensada para bailar e desfrutar coa música galega dende un prisma moderno e contemporáneo.

 O venres 28 de maio, ás 20:00h presentan no Auditorio de Cangas o seu primeiro disco. Tamén estarán as pandereiteiras Lina e Lola.

 Non faltedes! Vémonos alí!


19.5.21

GEMMA (profe de Bioloxía) CREA A PARTIR DOS VERSOS DE XELA ARIAS

ESCOLLE TEATRO EN GALEGO: CURVA ESPAÑA


O próximo sábado 22 de maio, ás 20:00, CHÉVERE presenta no Auditorio de Cangas: CURVA ESPAÑA. 

 Nos últimos anos Chévere realizou unha serie de traballos que exploraron as posibilidades do teatro-documento e a memoria colectiva como detonantes dunha ficción teatral (Citizen, Eurozone, Eroski Paraíso...). Este novo proxecto é un paso máis para afondar nos mecanismos narrativos que xorden na fronteira entre a realidade e a ficción, entre a historia e a lenda, entre a pantalla e o escenario. Coma outras veces, partimos dunha historia moi local. Nesta ocasión trátase dun relato que se foi transmitindo oralmente de xeración en xeración entre a xente da comarca de Verín (Ourense), durante os últimos noventa anos: a historia da curva na que se matou o enxeñeiro José Fernández España en 1927, cando traballaba no trazado ferroviario de acceso a Galicia entre Puebla de Sanabria e Ourense. Curva España trata sobre un crime aparentemente sen resolver, unha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes sobre os seus autores, motivacións e consecuencias. A partir da existencia de distintas versións sobre o caso, artellamos unha peza que bebe do xénero policial, ironiza sobre o formato documental combinando teatro e cine en directo e funciona como unha alegoría da construción do estado nación español coma se fose a promesa dun tren que nunca chegou. Porque a esta zona afastada e fronteiriza España apenas chegou en forma de mito, e o mito fala da súa morte nunha curva. 

Curva España é unha adaptación a escena do formato deses documentais sobre crimes reais que inzan as plataformas de contidos audiovisuais tipo Netflix ou HBO. O escenario funciona coma un plató no que se van executando, gravando e editando en directo as distintas secuencias nas que se estutura a historia. Unha historia que dá para falar da España Baleirada, das consecuencias da Lei Mordaza sobre a liberdade de expresión, da unidade nacional ou de como a xente constrúe narrativas alternativas á historia oficial. Pódese describir como unha obra cinescénica, unha autoficción documental ou un trhiller, sen renunciar a seguir facendo un teatro político que fala de nós mesmos e de como as promesas incumpridas do pasado afectan ao presente. 

 En escena: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Leticia T. Blanco, Lucía Estévez. Dramaturxia e dirección: Xron. Escrita: Xron, Manuel Cortés, Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo. 

 Non faltedes! Quedamos no Auditorio!

10.5.21

DESCUBRINDO A XELA ARIAS

ESCOLLE TEATRO EN GALEGO: A LOUCA HISTORIA DE GALICIA


O próximo sábado 15 de maio ás 20:00 horas, FULANO, MENGANO E CITANO presenta no Auditorio de Cangas: A LOUCA HISTORIA DE GALICIA. 

"A louca historia de Galicia" é un percorrido en clave de humor a través da nosa historia. "A louca historia de Galicia" lévanos por todos eses períodos de luz e de sombras - ás veces de apagamento total - que fixeron de nós o que hoxe somos.
"A louca historia de Galicia" é un paseo polas orixes, costumes e tradicións desta terra de bispos e reis, nobres e servos, heroes e tiranos, situada entre a fin do mundo e o norte de Portugal. 
"A louca historia de Galicia" como se di sempre nunha sinopse que se prece, "móstranos uns personaxes na procura da súa identidade", a diferenza está en que esta vez... por fin é certo! 

Autores: Manuel Pombal, Manuel Botana. Actores: Manuel Pombal, Suso Pando, Paulo Medal. Dramaturgia e Dirección: Manuel Pombal. 

Toca rir, que falta fai!! Vémonos na porta do Auditorio.

1.5.21

ESCOLLE COMERCIO LOCAL E SAIRÁS GAÑANDO

FECIMO pon en marcha unha campaña durante o mes de maio na que se sortearán 3000 euros en tarxetas regalo que se poden conseguir mercando no comercio local en Cangas, Moaña e Bueu.