16 years ago
13.12.21
CONCURSO E MÚSICA: MUINHEIRA DE INTERIOR, Boyanka Kostova
Desta volta traémosvos unha muiñeira, pero non unha calquera; nada menos que a "Muinheira de interior" de Boyanka Kostova.
Boyanka Kostova naceu en Compostela aló polo ano 2016. A banda, integrada por Chicho González (que xa coñecedes en solitario como Ortiga) e Cibrán García, fusiona os estilos do hip-hop e do trap coa nosa música tradicional. Está considerada a primeira banda de trap en galego. Teñen tres traballos publicados: Vella canción galega (2018), Nova canción galega (2019) e Os dous de sempre (2020), onde se integra "Muinheira de interior".
Pouco máis debemos dicir, agás que "Unha noite no muíño, unha noite non é nada, unha semaniña enteira, esa si que é muiñada".
Deixámosvos con este temazo para alegrarvos o día :)
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?