31.3.17

CITEAMOR

Abril é un mes de teatro. Atentos a esta nova cita todos os martes co teatro afeccionado. Aquí tedes o programa:


27.3.17

Normalizar a DIVERSIDADE, chave da IGUALDADE

Nestas semanas últimas deste segundo trimestre, a nosa lingua converteuse en ferramenta da reflexión sobre a normalidade da DIVERSIDADE. Partimos dun divertido experimento nas aulas de plástica: grupos de catro co mesmo papel branco e as mesmas cores e pinceis... e o resultado foron fermosas pinturas abstractas todas diferentes que encheron os taboleiros laterais dos corredores para reivindicar que a IGUALDADE de oportunidades agasállanos coa riqueza da DIVERSIDADE. O mundo é de natural diverso en linguas, en culturas, en maneiras de pensar e de opinar, en gustos, en cores de pel ou de cabelo, en tamaño de pés, en flora e en fauna... 




Este ano quixemos facer fincapé dun xeito especial na diversidade que tamén existe na identidade sexual, familiarizándonos coa realidade trans e tamén coa intersexualidade ou as diferentes orientacións sexuais... 







O galego reivindica estes días desde os corredores do instituto e desde o debate nas aulas unha escola libre de calquera tipo de discriminación e aberta á riqueza da diversidade nas súas facetas máis diversas.

23.3.17

NOVA CITA NO TEATRO

Este sábado 25, temos cita no Auditorio. P.T:Excéntricas representará A cabeza do dragón, o primeiro texto teatral de Ramón María do Val-Inclán traducido ao galego tras moitos anos de controversias pola negativa dos herdeiros dos dereitos de autor. Dirixida e adaptada por Quico Cadaval, inclúe un amplo elenco de oito actores: Iván Marcos, Yelena Molina, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Josito Porto e Patricia Vázquez. Trátase dunha fábula "brillantemente manipulada polo autor" na que introduce crítica social sobre corrupción política, violencia machista, o medo á liberdade ou a banalización do amor romántico. Val-Inclán, "coas oportunas manipulacións, leva a fábula ao grotesco contemporáneo que o creou: ou esperpento". Non vos esquezades. Vémonos no Auditorio.

 

22.3.17

VENDER EN GALEGO



Profesorado e alumnado de ciclos acudiu esta mañá á sede de FECIMO en Cangas á presentación da campaña "Vender en galego" impulsada pola Federación Galega de Parques Empresariais e financiada a través da liña de dinamización do galego convocada pola Deputación de Pontevedra.

"Vender en galego" é unha campaña baseada en información impresa para impulsar a concienciación nas empresas e no comercio local para a etiquetaxe de produtos en galego. Inclúe ademais o espazo web www.venderengalego.gal co obxectivo de fornecer ás empresas de ferramentas online para os procesos de comercialización como son tradutores, cursos de galego, dicionarios ou software. "Trátase de concienciar sobre as oportunidades que o uso do galego xera nas empresas á hora de diferenciarse no mercado exterior e o valor competitivo en relacións con países de lingua portuguesa" asegurou David Sobral. Desde Fegape consideran que a comunicación do produto no noso idioma é importante para abrir mercados nos cinco continentes, en países como Portugal, Brasil, Mozambique, Angola, Guinea Bissau, Cabo Verde, São Tomé e Príncipe, Timor Leste e Macau por ter o portugués como lingua oficial,  ou en países con importantes comunidades lusófonas como os Estados Unidos, Canadá, África do Sur, Francia, Luxemburgo ou Xapón. Neste sentido, Sobral indicou que "a lingua é unha ferramenta que está ao servizo das empresas e dos seus traballadores e pódenos axudar a chegar a moitos mercados, que nos axuda a diferenciarnos e a ser máis competitivos". Tamén afirmou que "debemos valorar o galego como un valor engadido no exterior, xa que produtos galegos no campo da gastronomía ou do viño son unha garantía de calidade".



21.3.17

A POESÍA, CHAVE DE SENSIBILIDADE

21 de marzo. Celebramos a chegada da primavera.

Imos confiar na primavera 
que xa os dedos me están florecendo
e os ollos non deixan de polinizarme.
Confiemos na primavera
marabillosa estación para que se deteña
un tren de cercanías.
                                    Carlos Fontes

E que mellor que facelo celebrando o Día da Poesía? Por iso nos recreos de hoxe almorzamos, ademais de bocatas e froita, pequenos versos de poetas galeg@s que se fixeron oír entre o balbordo habitual, invitando a alimentar o espírito. 



 



14.3.17

CONVERSANDO CON LEDICIA COSTAS


Hoxe recibimos no instituto a Ledicia Costa nun encontro organizado pola biblioteca do centro. Falounos da súa última novela Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta  ante un público moi entregado que non dubidou en facerlle unha chea de preguntas relacionadas coa súa novela, ambientada entre Vigo e as Illas Cíes, e coa súa produción literaria.



13.3.17

PARLAMENTO XOVE DO BACHARELATO

Esta fin de semana foi a quenda do alumnado de bacharelato no Parlamento Xove. Fomos dous equipos: Xaquín Lemos, Cibrán López, María Santos e Antía Ordóñez conformaban o primeiro e Lara González, Brais Durán, Alexandriu Ionescu e Dennise Martínez, o segundo. Ambos os dous conseguimos clasificarnos, un de 2º e outro de 5º, e pasar á fase final debatendo sobre se as novatadas constitúen un suposto de acoso. Todo un éxito. A final será o vindeiro 20 e 21 de abril en Santiago e o tema de debate se deberiamos restrinxir o acceso a internet para aumentar eficazmente a seguridade dos e das adolescentes. 






 



10.3.17

30 e tantos ósos

O alumnado de 1º de Bacharelato puidemos gozar hoxe desta visita nada convencional ao mundo e a problemática das mulleres.Unhas veces é un escrito de denuncia, outras é un manifesto retador e outras unha conversa só en apariencia frívola. Por veces quere ir a un teatro directo e outras salta a un territorio simbólico. Catro rapazas novas que saben do que están falando e nos invitan a deixar de obedecer. Non deixedes de ir velas o domingo 12, ás 8h. no Auditorio de Cangas.




QUE POUCO É UN SÓ DÍA

O fermoso poema "8 de marzo" de Gioconda Belli inspirou unha nova campaña a favor da loita pola superación da marxinación da muller, aínda presente en tantos ámbitos da vida. Porque un só día non é suficiente. A loita continúa todos os días do ano.


"Ocho de marzo"

Amanece con pelo largo el día curvo de las mujeres,
¡Qué poco es un solo día, hermanas,
qué poco, para que el mundo acumule flores frente a nuestras casas!
De la cuna donde nacimos hasta la tumba donde dormiremos
-toda la atropellada ruta de nuestras vidas-
deberían pavimentar de flores para celebrarnos
(que no nos hagan como a la Princesa Diana que no vio, ni oyó
las floridas avenidas postradas de pena de Londres)
Nosotras queremos ver y oler las flores.
Queremos flores de los que no se alegraron cuando nacimos hembras
en vez de machos,
Queremos flores de los que nos cortaron el clítoris
Y de los que nos vendaron los pies
Queremos flores de quienes no nos mandaron al colegio para que cuidáramos a los hermanos y ayudáramos en la cocina
Flores del que se metió en la cama de noche y nos tapó la boca para violarnos mientras nuestra madre dormía
Queremos flores del que nos pagó menos por el trabajo más pesado
Y del que nos corrió cuando se dio cuenta que estábamos embarazadas
Queremos flores del que nos condenó a muerte forzándonos a parir
a riesgo de nuestras vidas
Queremos flores del que se protege del mal pensamiento
obligándonos al velo y a cubrirnos el cuerpo
Del que nos prohíbe salir a la calle sin un hombre que nos escolte
Queremos flores de los que nos quemaron por brujas
Y nos encerraron por locas
Flores del que nos pega, del que se emborracha
Del que se bebe irredento el pago de la comida del mes
Queremos flores de las que intrigan y levantan falsos
Flores de las que se ensañan contra sus hijas, sus madres y sus nueras
Y albergan ponzoña en su corazón para las de su mismo género

Tantas flores serían necesarias para secar los húmedos pantanos
donde el agua de nuestros ojos se hace lodo;
arenas movedizas tragándonos y escupiéndonos,
de las que tenaces, una a una, tendremos que surgir.

Amanece con pelo largo el día curvo de las mujeres.
Queremos flores hoy. Cuanto nos corresponde.
El jardín del que nos expulsaron.

Gioconda Belli


E así foi a nosa campaña para os corredores do instituto: 



9.3.17

O GALEGO CHAVE DO TEATRO EN CANGAS

Os/as amantes do teatro estamos de noraboa. Entre o 12 de marzo e o 20 de maio o Auditorio de Cangas acollerá unha oba de teatro cada 15 días grazas a un acordo de cofinanciación asinado entre o Concello e AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais). 


Aporia Teatro representará o vindeiro domingo, día 12, a súa obra 30 e tantos ósos no Auditorio de Cangas. Será o primeiro dos cinco espectáculos teatrais "de primeiro nivel e en idioma galego". Seguiranlle A cabeza do dragón, de P.T:Excéntricas; Foucellas, de Talía Teatro; O Tolleito, de Contraproducións; e Falar sen cancelas, de Culturactiva. 
Quedamos o domingo no Auditorio! Non vos esquezades! 


8.3.17

SÉ CHAVE NA LOITA POLA IGUALDADE

O día 8 de marzo atopamos o instituto cheo de rostros de MULLERES CHAVE. Elas abriron portas en ámbitos moi diversos rompendo estereotipos e avanzando no camiño da igualdade. Nos dous recreos puidemos escoller unha delas, atarlle unha chave, escribir nunha gran chave colectiva o seu nome e o campo no que abriu portas e logo atala no enreixado exterior do instituto para dalas a coñecer como exemplo a seguir, invitando a toda a comunidade a ser CHAVE na loita pola IGUALDADE, que aínda quedan moitas portas por abrir. 


6.3.17

PARLAMENTO XOVE DA ESO

Esta fin de semana Carla Gil, Isaac Piñeiro, Antón Iglesias e mais eu, Valeria Rodríguez, fomos ao Parlamento Xove en representación do alumnado da ESO do IES de Rodeira para debater sobre se deberiamos cambiar a idade legal para poder mercar alcohol.

Levabamos ben preparadas, despois de moito tempo e esforzo, tanto a postura a favor como en contra xa que ata cinco minutos antes de cada debate non sabes que postura che vai tocar defender.

“Bos días a todos, moitísimas grazas pola súa atención. O meu nome é Valeria."

Así me ía presentando en cada debate. Ao cabo do día rematei afogada, case sen voz. Aquela noite pasámolo ao grande entre os compañeiros de Rodeira e novos amigos, media noite conversando. O peor foi erguerse pola mañá. Volvemos debater e esperamos con moitos nervios as puntuacións. Despois de comer tivemos a tarde libre. Nunca crin que faría tan boas amizades. Ao rematar a viaxe, intercambiámonos números e aínda agora seguimos en contacto. Incrible!






A MOCIDADE ACTIVA

Quen dixo que a xente nova non fala galego en Cangas? Eles son dous rapaces e unha rapaza que viven  os tres en Cangas e viñeron ao instituto para facer as prácticas do máster de profesorado: Paulo en lingua galega e literatura, Sofía en lingua castelá e literatura e Anxo en Bioloxía e Xeoloxía. Agradecémoslle moito que compartisen con nós a súa traxectoria vital que os levou ao compromiso activo coa lingua e coa cultura de noso. 

Paulo:



Sofía:



Anxo:

 

2.3.17

ROSALÍA na voz de ANXO ANGUEIRA

Unha voz apaixonada e optimista que deu vida, co seu discurso e co recitado dos seus versos, a unha Rosalía comprometida na demanda de dignidade para as mulleres e para o pobo. Foi na Fonte do Galo, nas Gardas de 8 a 10 que organiza Paulo neste local de música e foi un auténtico pracer poder gozar de Rosalía recitada e comentada por Anxo Angueira, poeta, novelista, estudoso da súa obra e presidente da súa Fundación.
 https://www.youtube.com/watch?v=ndNef_mgchc&list=PLvKfmv-Sb-yG0nkZt5TeVYQ_0SOGaNP0p