13 years ago
22.4.22
1.4.22
ESCOLLE NATUREZA. ESCOLLE PATRIMONIO
Celebramos a fin das duras restricións da pandemia dando a coñecer desde os taboleiros e desde o noso Instagram os fermosos lugares que Galicia nos ofrece, invitando a coñecelos, agora que comezan as vacacións de Semana Santa.
22.3.22
VIDEOPOEMAS
Recreamos nas aulas a partir de versos de poetas actuais e xogamos a combinalos ao chou coa técnica do cadáver exquisito. Cos versos escollidos o alumnado creou videopoemas.
21.3.22
ÁRBORE DE POESÍA
O 21 de marzo celébrase o Día da poesía e o Día da árbore. Por iso medrou no noso corredor unha árbore moi especial porque das súas pólas colgaban versos recreados nas aulas a partir da lectura de versos de poesía galega actual.
8.3.22
AS MULLERES DAS NOSAS VIDAS
Dedicamos o 8 de marzo a contar historias sobre as nosas mulleres, avoas e nais, coas que medramos e das que non deixamos de aprender e tamén a outras moitas que se converteron nos nosos referentes na loita polo dereito a escoller libremente a vida que desexan vivir.
28.2.22
26.2.22
25.2.22
RECITANDO A ROSALÍA
Que mellor agasallo para celebrar o aniversario de Rosalía que recitar e cantar os seus versos?
14.2.22
CELEBRANDO O AMOR E A AMIZADE
O galego convértese en lingua para falar de amor e de amizade en tarxetas prendidas de caraveis vermellos escritas polo alumnado e repartidas polas aulas.
29.1.22
28.1.22
TRABALLANDO POR UN MUNDO MELLOR
Celebramos o Día da Paz reflexionando nas aulas e organizando unha exposición no que os 17 obxectivos de desenvolvemento sostible convertéronse en vagóns dun tren que nos ten que conducir cara ao un mundo máis solidario, máis xusto e igualitario no 2030.
Subscribe to:
Posts (Atom)