A horta foi lugar de encontro xeracional, onde os maiores transmitiron, na lingua de noso, o seu saber sobre as árbores froiteiras que se foron plantando. Aquí os tedes co alumnado de 2º da ESO.
Chegou a primavera a Rodeira e con ela unha
nova semana de froita. E aproveitamos a nosa árbore para enchela das fermosísimas
flores das nosas árbores froiteiras, repasando os seus nomes en galego. Nada
invita tanto a pensar en coidar a nosa saúde con aire libre, exercicio físico e
moita froita fresca como unha
natureza que se enche de cores, de luz e de sol.
Dous desexos para unha mesma celebración o 21 de marzo, Día da Poesía e tamén Día da Árbore. Deseñamos unha árbore con papel de embalaxe marrón e
invitamos a toda a comunidade escolar a colgar das súas pólas os seus versos
preferidos da poesía en galego que podían atopar nos libros expostos a carón da árbore.
Este foi o reto para o alumnado de 4º:
compartir diferentes tarefas do fogar cociñando, limpando, cosendo, pasando o
ferro, utilizando trade e desaparafusador, falando en galego con toda
naturalidade para demostrar que teñen superados prexuízos e estereotipos.
Fixérono moi ben como podedes ver nas fotos da nosa ximcana de tarefas domésticas.
Grazas a todas as alumnas que participastes nesta campaña. Aquí tedes todas as fotos e os textos que estarán expostos na planta baixa do centro ao logo de todo este mes de marzo.