27.3.09

10.3.09

LINGUALÍZATE!!!

en galego da galiza em galego portugués in galinglish galiñol berberego ou galegués

NO GALEGO QUE TI QUEIRAS

mais solta a lingua a pacer -e a pracer- e petisca febras de verbas frescas

LINGUALÍZATE!

UN MUNDO DE LINGUAS

UN MUNDO DE LINGUAS

9.3.09

DÍA DA MULLER

Celebramos en galego o día da muller.

Que credes que teñen en común a muller e a lingua galega?

Ambas as dúas foron discriminadas historicamente, asociándose a determinadas tarefas e marxinándoas en moitas outras. Tamén en ambos casos fomos avanzando e recoñecéndolle dereitos pero aínda queda, nos dous casos, moito por andar ata conseguir a igualdade. Queremos crer que a maioría de noso alumnado defende os mesmos dereitos para o galego que para o castelán e poder empregalo onde queiramos.

Tamén queremos pensar que defendería que o home e a muller teñen os mesmos dereitos e poden desempeñar as mesmas tarefas. Pero somos conscientes de que, nestes temas, aínda que melloraron as actitudes mantéñense na práctica os hábitos do pasado, da época na que se asumía con naturalidade a marxinación. Por iso quixemos propoñer ao alumnado de 4º da ESO un xogo no que teñen que superar unha serie de probas para demostrar que están preparados para asumir a igualdade nas tarefas domésticas e para falar en galego sen complexos.

Organizados en grupos compiten por realizar no menor tempo posíbel e coa máxima perfección, seguindo as instrucións dadas as seguintes tarefas:

- Unha actividade de cociña e limpeza.

- Unha actividade de costura

- Unha actividade de posta en orde dunha habitación.

- Unha actividade relacionada coa organización da roupa dunha casa.

- Unha lista da compra

Tamén se valorará que falen en galego entre el@s e asuman con naturalidade as tarefas domésticas que todos necesitamos para vivir, sen avergoñarse diante d@s compañeir@s e deixándose fotografar para futuras campañas. I

INSTRUCIÓNS PARA A PROBA DA COCIÑA.

Realizar unha torta de galletas e chocolate de acordo coa receita.

1.- Localizar os ingredientes e o material necesario na cociña.

2.- Elaboración.

3.- Recollida e limpeza: fregar e varrer. Que todo quede como cando chegastes… ou mellor aínda.

Receita torta de galletas e chocolate Ingredientes:

-galletas tipo “chiquilin” ou ” maría hojaldrada”

-250 ml de leite aproximadamente, chocolate en po e azucre para a crema de chocolate,

-leite para mollar as galletas

Elaboración:

-Collemos unha fonte ou molde cadrado ou rectangular

- Preparamos a crema de chocolate poñendo leite a quentar e mesturando, cando estea bem quente o azucre e o chocolate en po sen deixar de remover.

-Imos mollando as galletas no leite.

-Colocamos unha primeira capa de galletas cubrindo todo o fondo. Se fose necesario romperemos algunhas para cubrir os pequenos ocos.

-Cubrimos cunha capa de chocolate.

-Volvemos poñer outra capa de galletas e de novo cubrimos con chocolate.

-Volvemos cubrir con máis galletas tantas capas como queiramos e finalmente bañamos toda a parte superior e os laterais coa cobertura de chocolate.

-Adornamos e deixamos arrefriar no frigorífico.

INSTRUCIÓNS PARA A PROBA DE COSTURA

1.- Seleccionar o fío máis adecuado para o botón a coser.

2.- Cortar ao redor de 60 cm, enfíar a agulla, pasar o fío e facer un nó co fío dobre o máis preto posible da punta.

3.- Meter a agulla polo revés da prenda e sacalo por un dos buracos do botón e logo polo outro volvendo ao revés da prenda e repetir unhas sete veces. Se o botón ten catro buracos o proceso repítese dous a dous.

4.- Pásase o fío finalmente do revés ao dereito por debaixo do botón e dáselle unhas voltas ao redor.

5.- Vólvese pasar o fío para o revés e danse unhas puntadas pequenas unha enriba da outra para rematar e evitar que o fío se solte.

INSTRUCIÓNS PARA ORGANIZAR UN CUARTO

1.- Recoller todo canto está tirado e ordenalo. Limpar o po.

2.- Para facer a cama os membros do grupo colocaranse en fila e, cada dous, colocarán unha peza de roupa na cama. - Saba de abaixo - Saba de enriba - Manta - Introducir o recheo da almofada na funda e colocar - Introducir o recheo na funda nórdica - Colocar a funda nórdica.

3.- Aspirar o cuarto, baleirar e recoller o aspirador, colaborando tod@s.

INSTRUCIÓNS PARA ORGANIZAR A ROUPA

Lembrade que o tempo conta pero debedes organizarvos para participar tod@s e falar en galego.

1.- Tender a roupa que está na lavadora. De novo nunha fileira para ir tendendo unha peza cada un/unha

2.- Recoller o tendal.

3.- Tamén un de cada vez pasar o ferro, dobrar cada peza de roupa e colocala no armario de xeito ordenado

A LISTA DA COMPRA.

Que cousas cres que se necesitan nunha casa e que terías que comprobar se tes cando vas facer a compra?

- De limpeza:

- De alimentación:

- De mantemento

- De aseo persoal

- De papelaría

NSTRUCIÓNS PARA A PROBA DA COCIÑA.

De Películas
De Películas

7.3.09

exposición mulleres na historia

Do IES Pontepedriña de Santiago chegounos esta exposición sobre mulleres na historia que tivemos en Rodeira no primeiro trimestre deste curso.