22.2.21

DRAW MY LIFE de ROSALÍA DE CASTRO

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio San Pío X (Ourense) compartiu con nós este recurso para achegaármonos aos datos biográficos de Rosalía de Castro. Trátase dun Draw My Life narrado en galego por Uxía Salgado da Silva, alumna de 6º de primaria deste centro. As ilustracións foron obtidas do vídeo orixinal en castelán publicado en maio de 2019 polo equipo "TikTak Draw" de YouTube, e que lles concedeu a súa autorización. Tamén contaron coa axuda da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Fundación Rosalía de Castro, que participou na revisión dos datos biográficos.


21.2.21

DÍA DA LINGUA MATERNA

TIKTOK en GALEGO

Querémonos facer eco da campaña que reivindica a presenza do galego en TIKTOK, unha iniciativa de Carlos Vieito, apoiada pola Mesa pola Normalización Lingüística. Lanzouse coincidindo coa celebración do Día da Lingua Materna e en resposta á negativa desta plataforma de aceptar unha campaña en galego da Xunta de Galicia a favor da cultura, #aculturasegue. O castelán é a única lingua aceptada en todo o estado. A resposta, animar a encher a plataforma de tiktoks en galego durante esta semana. 


Esta é a campaña publicitaria vetada:

16.2.21

14.2.21

13.2.21

ESCOLLE O TEU TEMA PREFERIDO

 

aRi[t]mar galiza e portugal é un proxecto didáctico-cultural, desenvolvido inicialmente pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, que ten por obxectivo divulgar a música e a poesía galego-portuguesas actuais. O alumnado da escola seleccionou os que considerou os vinte mellores temas musicais editados en Galiza e Portugal no 2020. Agora é a quenda do público para escoller os dous gañadores finais. 

Músicas finalistas

Galiza

Baiuca : Adélia (featHaēma)

Guadi Galego: Cólico

Mercedes Peon & Streicherensemble der Augsburger Philharmoniker: Marabilla

MJ Pérez: Falan de Ti

Néboa: Coidar dunhas colmeas

Os d'Abaixo: Pasei pola túa porta

Pauliña: Vento

Ukestra do Medio: As Chaves do Inferno

Uxía & Sérgio Tannus: Festa e fe

Xoana: Anceios

Portugal

Ana Bacalhau:Memória

Bárbara Tinoco: Outras Línguas

Carlão: Assobia Para O Lado

Cláudia Pascoal: Quase Dança

Dino D'Santiago: Kriolu (featJulinho KSD)

FUGA: Nós (feat Beatriz Nunes)

Miguel Araújo: A Incrível História de Gabriela de Jesus

Os Quatro e Meia com Carlão: Bom Rapaz

Pedro Abrunhosa: Tempestade (com Carolina Deslandes)

Tatanka: Estrelas (com Carolina Deslandes)

 

Participa. Podedes escoitar os temas completos e votar desde hoxe, 13 de febreiro, ás 20:00h na súa páxina:

https://aritmar.gal/edicion-2021/

O prazo remata o 20 de marzo.

1.2.21

ESCOLLE COMERCIO LOCAL

Este mes de febreiro a nosa lingua protagoniza unha campaña de amor moi especial cara ao comercio local, unha orixinal campaña coa que FECIMO segue a animarnos a consumir no comercio e na hostelaría de proximidade.
Cando un cliente emprega a súa TARXETA DE FIDELIZACIÓN do Comercio do Morrazo para obter unha porcentaxe de bonificación nas súas COMPRAS ou CONSUMICIÓNS en calquera dos COMERCIOS ou LOCAIS que teñan activa dita tarxeta, durante o mes de febreiro, entrarán no SORTEO FINAL, onde se repartirán 900€ en premios. Que aínda non a tes? Podes conseguila a través da web e da app do Comercio do Morrazo ou ben recibida de forma física por parte dos locais participantes. Todo son vantaxes!!!

ESCOLLE GALEGO PARA AS TÚAS MENSAXES DE AMOR

CONCURSO DE CARTAS DE AMOR