16 years ago
7.12.21
CONCURSO DE MÚSICA: UXÍA, Momboi
A canción "Uxía" é do grupo noiés Momboi.
Momboi irrompeu no panorama musical galego no verán de 2018 e desde ese momento non deixou de colleitar éxitos en certames e concertos. O grupo está integrado por Brais Sánchez, Beny Mayo, Carba e André Garabato. O seu estilo musical mestura os ritmos latinos da cumbia ou da rumba con outros coma o jazz, o funk, o folk e o pop. O seu primeiro traballo viu a luz en decembro de 2019 e leva por título "Ofrenda". Entre os recoñecementos de Momboi destaca o 3º posto nos Premios Narf en 2020, o que supuxo un gran pulo na carreira musical destes prometedores músicos.
Deixámosvos aquí con "Uxía", esta grande "ofrenda" que nos deixa esta banda. Agardamos que vos guste!
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?