22.3.22

VIDEOPOEMAS

Recreamos nas aulas a partir de versos de poetas actuais e xogamos a combinalos ao chou coa técnica do cadáver exquisito. Cos versos escollidos o alumnado creou videopoemas.

21.3.22

ÁRBORE DE POESÍA

O 21 de marzo celébrase o Día da poesía e o Día da árbore. Por iso medrou no noso corredor unha árbore moi especial porque das súas pólas colgaban versos recreados nas aulas a partir da lectura de versos de poesía galega actual.

8.3.22

AS MULLERES DAS NOSAS VIDAS

Dedicamos o 8 de marzo a contar historias sobre as nosas mulleres, avoas e nais, coas que medramos e das que non deixamos de aprender e tamén a outras moitas que se converteron nos nosos referentes na loita polo dereito a escoller libremente a vida que desexan vivir.