20.6.19

APRENDENDO A FACER BOOKTRAILERS

Aquí temos algúns dos booktrailers que o alumnado de 1º da ESO realizou dos libros en galego que máis lles gustaron deste curso, nun obradoiro en galego realizado polo alumnado de Animación de Bacharelato.













5.6.19

CONTAXIANDO O COIDADO DO PLANETA

Este é o lema do Día do Medioambiente, que se celebra hoxe, día 5 de xuño. O noso instituto está a colaborar cun proxecto de  sensibilización e educación ambiental na Mancomunidade do Morrazo que se está a desenvolver nos concellos de Bueu, Cangas, Moaña en colaboración coa organización ecoloxista Amigos da Terra, enfocado á minimización de residuos, á mellora dos recursos naturais e ao fomento dun consumo responsable.

Dentro do seu programa de ensino, impartiuse no instituto o obradoiro de concienciación “Descubrindo os microplásticos” que consistiu en detectar a súa presenza na praia de Rodeira e facer una catalogación da súa orixe.


Tamén en colaboración co Concello o alumnado de 4º foi coñecer o EDAR onde aprenderon a importancia de non verter polo fregadeiro aceite e non utilizar o váter coma papeleira (prohibido tirar toallitas, sexan biodegradables ou non, bastonciños, discos desmaquillantes, etc.). 





E ao centro de compostaxe onde aprendemos que o lixo orgánico se aproveita de mellor forma transformándoo en compost que tirándoo ao contedor verde. Reutilizar é a mellor maneira de coidar o planeta.



3.6.19

CONTAXIA DIVERSIDADE

Rematamos o curso con debates en galego nas titorías sobre todos os tipos de diversidade que existen, partindo da propia aula, das experiencias do alumnado que chegou de fóra e da súa integración na aula; da diversidade física, sexual, de opinións e formas de ver o mundo; dos modelos que admiran nas redes sociais; do que sucede cando se impón o pensamento único... E rematamos a experiencia cun pequeno manifesto e con fotos de grupo, modelo vivo de diversidade real, enchendo os taboleiros da nosa afirmación de que queremos un mundo sen homofobia e sen racismo, onde exista liberdade de expresión e opinión.













2.6.19

XA TEMOS Abre os ollos

O número 17 da nosa revista  xa está na conserxería.  Máis de 150 páxinas cheas das vosas fotos, os vosos artigos e a memoria de todo un curso. Vai por ela!