O día 4 de novembro
celebramos
o Día da Ciencia en Galego. O
principal obxectivo desta celebración é salientar a difusión do
coñecemento científico no idioma galego e resaltar as achegas dos
galegos á ciencia universal.
Este
ano os
departamentos de ciencias escolleron como
símbolo as aves e bolboretas que ao igual que a ciencia e os
científicos non fan caso de fronteiras nin de barreiras culturais e
políticas e que do mesmo xeito que moitos científicos e
científicas
cando se ven obrigadas a saír fora na procura de alimento saben
atopar o camiño de volta.
Nas
aulas, con papiroflexia demos forma aos nosos símbolos
de
paxaros
e bolboretas e escribimos neles fórmulas e teoremas para
que o galego poida voar ben alto tamén no mundo da
ciencia e
da tecnoloxía sen facer caso os muros que nolo impiden.
En
1º da ESO, aprenderon as características das bolboretas monarca que
pintaron e recortaron:
En 2º da ESO, construíron bolboretas de cores de papiroflexia
En 3º da ESO, paxariños de cores de papiroxexia
En 4º da ESO, estas fermosas andoriñas
ciencia4º from
lingualiza on
Vimeo.
E o alumnado de bacharelato decorou a planta baixa cos seus traballos