19.12.18

CONTAXIA AUDIOVISUAL E MÚSICA EN GALEGO

Despedimos o trimestre coa tradicional festa de Nadal onde nos xuntamos todos os equipos de dinamización para compartir os nosos vídeos e cantar e bailar. Para comezar, Ángela lembrounos a importancia de coñecer e difundir aos centos de músicos e músicas que cantan en galego, aplaudindo a actuación e o compromso de Sabela en Operación Triunfo e escoitando a súa actuación cantando Benditas feridas de Rosa Cedrón. 




Repasamos logo as actividades feitas ao longo do trimestre. Comezamos ao son de Dakidarría e o seu Linguas ceibes pasando as fotos do Día europeo das linguas. Lembramos o éxito do túnel do terror e as actividades do Samaín proxectando dúas curtas que participaron no concurso de aulas:

Cousas estrañas de 1º ESO C


Quero ser Macbeth do alumnado de Literatura Universal
 

Entre unha e outra cantamos e bailamos na nosa particular homenaxe ao Xabarín Club, esteando o videoclip realizado polo alumnado do EDNL de 1º da ESO que logo saíron a cantar co karaoke.




Chegou a quenda de lembrar o reto do magosto e como nos propuxemos que todo o instituto bailase a global muiñeira. Puidemos ver por primeira vez as imaxes máis esperadas, as gravadas polo dron mentres bailabamos.


E seguimos coa música da man de Medomedá, co videoclip realizado polo EDLG de 2º da ESO do seu tema Quero ver como te ris.




Demostramos o noso compromiso contra a violencia de xénero, proxectando o vídeo da gravación do manifesto e volvemos á música cun grupo novo de tres mozas A banda da loba, co videoclip realizado polo profesorado do seu tema Anagnórise.
 



E unhas cantas se animaron tamén a saír a cantar.


E, como en toda festa galega que se precie, rematamos compartindo uns petiscos ao son da música en galego máis marchosa.









9.12.18

GALEGO PARA AGASALLAR

O Nadal chegou ao IES de Rodeira cheo de ideas para agasallar en galego. Unha árbore de nadal está feita coas recomendacións de lectura dos EDLG do Morrazo e todo o material que trouxemos do Culturgal colleron forma de árbore de Nadal.


Aínda decoramos outra árbore con camisetas con lemas en galego.




Os produtos etiquetados en galego ocuparon o espazo central nunha fermosa mesa de Nadal iluminada polas farolas de papiroflexia realizadas plo alumnado o día da ciencia en galego, colgadas do teito por fíos de pérolas prateadas. E tamén formando grinaldas.






E por suposto, non podía faltar a música.

30.11.18

GUÍAS DE LECTURA PARA AGASALLAR NO NADAL

Como cada ano, o EDLG dos coles e institutos do Morrazo asumimos a tarefa conxunta de seleccionar suxestións de lectura e música en galego para os agasallos do Nadal. Aquí tedes os resultados:










23.11.18

MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Un grupo de alumnas e alumos de 1º de Bacharelato encargámonos de facer o manifesto e de lelo na concentración de repulsa fronte á violencia de xénero. A nosa reflexión partiu do último banzo da escaleira do maltrato, facendo presentes ás mulleres asasinadas e tamén aos nenos e nenas a través dos zapatos ensanguentados. Pero tamén quixemos alertar de que a violencia de xénero comeza moito antes e debemos estar atentas aos sinais que avisan das relacións tóxicas e fuxir delas. Por último protestamos pola pervivencia de micromachismos na sociedade actual e mostramos as nosas pulseiras lilas como símbolo da nosa aposta convencida pola igualdade.
  



Logo levamos as pancartas e os zapatos vermellos ao valado 

exterior do instituto para visibilizar aínda máis o noso 

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO.









ACTO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

O tempo non permitiu facer o noso acto tan público como nos tería gustado. Pero a chuvia, o vento e o frío non impediron que nos concentrásemos no exterior do centro para berrar todo o instituto cunha soa voz: VIOLENCIA MACHISTA: BASTA XA!
Alumnado dos Ciclos de Electrónica:


Dos Ciclos de Informática: 




Do Ciclo de Administración e Finanzas: 



Do Bacharelato:




E da ESO










 

22.11.18

A ESCALEIRA DO MALTRATO

Construímos tamén na entrada do instituto a escaleira do maltrato para non esquecer que o asasinato é o último banzo dunha violencia que comeza moito antes, invitando ao alumnado a reflexionar sobre as súas relacións de parella e a estar atento aos sinais que nos fan detectar relacións tóxicas que debemos rexeitar.