30.8.23

TRADUCIÓN AO GALEGO DESDE A VOZ MEDIANTE INTELIXENCIA ARTIFICIAL

Meta presentou, a finais deste mes de agosto, SeamlessM4T, un modelo de tradución mediante IA multilingüe e multimodal, que quere permitir que as persoas poidan comunicarse sen esforzo a través da fala e o texto en distintos idiomas, soportando actualmente o recoñecemento de voz en preto dun cento de linguas, a conversión de voz a texto en preto dun cento de linguas de entrada e de saída, a tradución verbal en preto dun cento de linguaxes de entrada e 36 linguaxes de saída, a tradución de texto en preto dun cento de linguas e a tradución de texto a fala en preto dun cento de linguaxes de entrada e 35 linguaxes de saída. Cómpre salientar que nas funcións mencionadas onde hai preto dun cento de linguas está incluído o galego, o que pode ser un grande avance para a nosa lingua á hora de relacionarnos coa tecnoloxía mediante a voz. Meta está a publicar este modelo de linguaxe, xunto coas máis de 270.000 horas de gravacións de voz sincronizadas con texto, empregadas como conxunto de datos para este modelo que podemos entender como o típico tradutor universal dos filmes de ciencia ficción. Dende a compañía de Mark Zuckerberg recoñecen que os sistemas actuais de tradución verbal ou de conversión de voz a texto só funcionan cunha pequena fracción das linguas do mundo, e cren que SeamlessM4T pode supor un grande avance neste ámbito ao funcionar mediante un único modelo, o que permite a redución de erros e retardos e a mellora da eficiencia e a calidade dos procesos de tradución. Nunha publicación no blog sobre IA de Meta detallan o funcionamento de SeamlessM4T, e incluso achegan unha demostración do sistema de tradución ao que podemos falarlle en preto dun cento de idiomas (entre os que está o galego) e que permite xerar rapidamente unha tradución falada en até 3 dos 35 idiomas dispoñibles a través desta ferramenta. SEN DÚBIDA, UNHA BOA NOVA!

1.8.23

O GRAN RETO. TI TAMÉN PODES.

A asociación Alingua promoveu a creación desta webserie na que tres casteláns falantes asumen o reto de falar 21 días en galego. Aquí tedes a presentación de Maria Rúa, máis coñecida como @pradorua nas redes sociais.

1.6.23

Visita á Casa-Museo de Rosalía de Castro

O alumnado de 1º ESO visitou Iria Flavia para coñecer a casa-museo de Rosalía de Castro. Na entrada da mesma recitaron poesías da autora. Tamén deu tempo a visitar o xardín botánico de Padrón, onde tiveron que buscar o nome das plantas e árbores a través da imaxe das súas follas.

17.5.23

Letras Galegas

Como é habitual no noso centro, no día das letras galegas 2023 dedicadas a Francisco Fernández del Riego, o alumnado de cada grupo da ESO cantou unha canción en galego e, posteriormente, repartimos premios a aqueles e aquelas que tiveron un maior compromiso coa nosa lingua e gozamos dunhas exquisitas galletas. Outros membros do alumnado pertencentes ao EDLG pintaron un mural.

24.4.23

Contacontos!

Tanto o alumnado de 3º ESO en decembro, como o de 2º ESO en abril (ambos pertencentes ao EDLG), fixeron de contacontos aos máis pequenos dos CEIP Castrillón e CEIP A Rúa.

14.4.23

Blog sobre o Camiño de Santiago

Durante o camiño de Santiago, o alumnado tivo que facer un blog para deixar constancia da experiencia vivida. Deixámosvos aquí dous deles!

Camiño de Santiago

O alumnado do EDLG realizou o Camiño de Santiago no seu último tramo Padrón-Santiago e facendo noite no Albergue de Milladoiro. Ademais da experiencia do propio camiño, o alumnado aprendeu, conviviu e coñeceu algo máis do noso país, aproveitando está magnífica oportunidade para darlle á lingua!

23.2.23

Día de Rosalía 2023

No día de Rosalía de Castro, algúns grupos da ESO participaron nunha homenaxe á nosa autora máis universal recitando algúns dos seus poemas.

17.2.23

Entroido!

No IES de Rodeira celebramos o entroido elaborando en cada curso (e tamén o profesorado) as nosas versións críticas, satíricas e retranqueiras das cancións máis coñecidas do momento. Como cada entroido, os exames, as materias e o profesorado son punto de mira do noso alumnado. Mentres, o profesorado optou, este ano, por criticar a bur(r)ocracia.