Este foi o manifesto que elaboramos o alumnado de animación para compartilo con todo o alumnado do centro, partindo da proposta da AELG:
MANIFESTA ROSALÍA
Estamos
aquí para manifestar
que
ROSALÍA DE CASTRO segue viva nos seus versos,
que
segue a conmovernos
a
súa intelixencia e a súa valentía,
o
seu desafío ás normas establecidas,
os
seus versos cheos de pensamentos
a
favor dun mundo máis xusto, máis igual e máis diverso onde todos e
todas poidamos sentirnos libres,
Queremos
que o seu pensamento libre voe da terra ao ceo
escribindo os seus versos en faroliños de papel.
-Para
1º ESO
LIBRE
O SEU PENSAMENTO
Rosalía
escribiu en galego dando a súa voz á xente do pobo, rexeitando o
desprezo dos de fóra e berrando ben alto que a nosa terra é a máis
fermosa e termos unha lingua propia é o noso maior orgullo.
Has
de cantar,
meniña
gaiteira
Has
de cantar
que
me morro de pena
Canta,
meniña
na
beira da fonte;
canta,
dareiche
boliños
do pote
Quenqueira
que chame
quenqueira
me obriga
cantar
cantareille
de
noite e de día
-Para
2º ESO e FP Básica
LIBRE
O SEU PENSAMENTO
Rosalía
denuncia a pobreza
e
o sufrimento que causa a emigración forzosa
Vendéronlle
os bois,
vendéronlle as vacas,
o pote do caldo
i
a manta da cama.
Vendéronlle
o carro
i as leiras que tiña;
deixárono sóio
coa
roupa vestida.
---
Adiós,
ríos; adiós, fontes;
adiós,
regatos pequenos;
adiós,
vista dos meus ollos:
non
sei cando nos veremos.
Miña
terra, miña terra,
terra
donde me eu criei,
hortiña
que quero tanto,
figueiriñas
que prantei,
-----
Adios
gloria! ¡Adios contento!
¡Deixo
a casa onde nacín,
deixo
a aldea que coñezo
por
un mundo que non vin!
Deixo
amigos por estraños,
deixo
a veiga polo mar,
deixo,
en fin, canto ben quero...
¡Quen
puidera non deixar!...
----
Iste
vaise e aquel vaise
e
todos, todos se van;
Galicia
sen homes quedas
que
te poidan traballar
E
tés corazóns que sofren
longas
ausencias mortais,
viudas
de vivos e mortos
que
ninguén consolará
Para 3º ESO
LIBRE
O MEU PENSAMENTO
Rosalía
denuncia a dobre explotación das mulleres
no
traballo dentro e fóra da casa
No
campo
compartindo
metade por metade cos seus homes as rudas faenas
na
casa
soportando
valerosamente as ansias da maternidade
os
traballos domésticos e as arideces da pobreza
soas
case todo o tempo
tendo
que traballar de sol a sol
sin
axuda para manter os seus fillos
parecen
condenadas a non atoparen repouso
máis
que na tumba
Para 4º ESO e
ciclos medios
LIBRE
O MEU PENSAMENTO
Rosalía
denuncia o acoso e a violación que sofren as mulleres e a
complicidade da xustiza
Aqués
que tén fama de honrados na vila
roubáronme
tanta brancura que eu tiña;
botáronme
estrume nas galas dun día,
a
roupa de cote puxéronma en tiras.
Quedei
deshonrada, murcháronme a vida,
Fixéronme
un leito de toxos e silvas;
i
en tanto, os raposos de sangre maldita,
tranquilos nun leito de
rosas dormían.
―Salvádeme
¡ouh, xueces!, berrei... ¡Tolería!
De min se mofaron,
vendeume a xustiza
-Bon
Dios, axudaime, berrei, berrei inda…
Tan alto que
estaba, bon Dios non me oíra.
Estonces
cal loba doente ou ferida,
dun salto con rabia pillei a
fouciña,
rondei paseniño… ¡Ne-as herbas sentían!
I a
lúa escondíase, i a fera dormía
cos seus compañeiros en cama
mullida.
Mireinos
con calma, i as mans estendidas,
dun golpe, ¡dun soio!,
deixeinos sen vida.
I ó lado, contenta, senteime das
vítimas,
tranquila, esperando pola alba do día.
I estonces…
estonces, cumpreuse a xusticia:
eu, neles; i as leises, na man
que os ferira.
Para
1º BACH
LIBRE
O MEU PENSAMENTO
Rosalía
rompeu cos estereotipos de xénero poñendo nos seus versos aos homes
a facer os traballos que se consideraban femininos e reclamando
liberdade de pensamento e de acción para as mulleres.
Xan
vai coller leña ó monte,
Xan
vai compoñer cestos,
Xan
vai poda-las viñas,
Xan
vai apaña-lo esterco,
e
leva o fol ó muíño,
e
trae o estrume ó cortello,
e
vai á fonte por auga,
e
vai a misa cos nenos,
e
fai o leito i o caldo...
Xan,
en fin, é un Xan completo,
deses
que a cada muller
lle
conviña un polo menos.
Pero
cando un busca un Xan,
case
sempre atopa un Pedro.
----
Daquelas
que cantan as pombas i as frores
todos
din que teñen alma de muller.
Pois
eu que n'as canto, Virxe da Paloma,
¡ai!,
¿de qué a teréi?
Para 2º BACH e ciclos
superiores
LIBRE
O MEU PENSAMENTO
Rosalía
foi moi crítica co machismo e nunca aceptou o papel que a sociedade
lle quería impoñer polo simple feito de ser unha muller,
denunciando esta imposición e loitando polo dereito das mulleres a
decidir libremente.
Sobre
todo os homes que escriben e se teñen por graciosos non deixan pasar
nunca a ocasión de dicirche que as mulleres deben deixar a pluma e
repasar os calcetíns dos seus maridos...
Ser
escritora… que continuo tormento! Pola rúa sinálante
constantemente e en todas partes murmuran de ti. As mulleres poñen
en relevo ata o máis agochado dos teus defectos e os homes non
cesan de dicirche que unha muller de talento é unha verdadeira
calamidade … e que só unha parva pode facer a felicidade dun
mortal varón.
Só
cantos de independencia e liberdade balbuciron os meus labios, aínda
que ao meu arredor sentise, xa desde o berce, o ruído das cadeas que
debían aprisionarme para sempre.
Non
acato os mandatos dos homes porque son os meus iguais. A súa feitura
é igual á miña feitura; a súa carne é igual á miña carne. Eu
son libre, libre coma os paxaros, como as brisas; como as árbores no
deserto e o pirata no mar.
LIBRE
O SEU PENSAMENTO
Rosalía
soubo ser sempre fiel a si mesma
Por
iso os seus pensamentos se elevan da terra ao ceo
e
fan da nosa escritora unha figura universal