8.12.20

AGASALLA LIBROS E MÚSICA EN GALEGO

Como xa é tradición cada mes de decembro saen á luz os trípticos de recomendacións de lecturas e música para infantil, primaria, secundaria e persoas adultas elaborados polos Equipos de Dinamización dos centros educativos do Morrazo e publicados pola Deputación de Pontevedra. Repartímolos nas aulas e en librarías, comercios, centros de saúde e bibliotecas do Morrazo.

7.12.20

TI ES A NOSA ESTRELA DE NADAL

Xa está aquí a nova campaña de Nadal de FECIMO no comercio do Morrazo que sortea 15.000 euros en premios para apoiar ao comercio local. TI ES A NOSA ESTRELA DE NADAL quere dar protagonismo á clientela que dá vida e luz ao comercio de proximidade.
A nosa lingua será a protagonista non só do fermoso cartel que lucirán os comercios senón tamén nunha serie de elementos decorativos para o embalaxe e paquetería dos produtos de regalo (bolsas, sobres de papel, pegatinas de nadal e etiquetas decorativas). Mirade que chulas!

1.12.20

TARXETA COMERCIO MORRAZO

Retomamos a nosa colaboración con FECIMO, Federación de Comerciantes do Morrazo, informándovos do seu novo proxecto: unha tarxeta coa que pasaredes a formar parte do CLUB de clientes do Comercio Local do Morrazo, recompensando o voso consumo no comercio ou na hostalería das tres vilas da comarca (Cangas, Moaña e Bueu). Esta atractiva ferramenta, que comeza a usarse a partir de hoxe 1 de decembro, vén coa intención de quedarse, sen data de caducidade, e permite que, por cada compra ou consumición que realicen os clientes naqueles negocios asociados a Fecimo, acumulen saldo na súa tarxeta e poidan gastalo cando queiran en forma de descontos nas seguintes compras ou consumicións que desexen (sempre dentro dos negocios adheridos). Avisa na túa casa! Pode adquirirse de forma virtual, rexistrándose mediante un formulario na web de www.comerciodomorrazo.com , ou de forma física solicitándoa directamente nun dos establecementos participantes ou mesmo na oficina de Fecimo.
E aínda hai máis. Se formas parte do Club, poderás adquirir TARXETAS REGALO do Comercio do Morrazo. Apúntate e apoia o comercio local!