28.4.17

O GALEGO, CHAVE DO TEATRO

Despois da exitosa estrea do noso grupo de teatro A Réplica na Mostra de Teatro para o alumnado de Ensino Secundario do Morrazo, coa súa obra Pros e contras, o martes 2 de maio ás 9 da noite actúan, dentro da programación do CITEAMOR,  para todo o público que queira gozar do espectáculo. Non o podedes perder! De verdade que vale a pena... Ide aplaudir aos nosos actores e actrices!



O GALEGO, CHAVE DA CIENCIA


Un ano máis a Ciencia ocupou a nosa sala de usos múltiples que nos recreos se encheu de alumnos e alumnas, que  seguiron atentamente as explicacións doutros compañeiros sobre temas diversos de matemáticas, física e química e bioloxía. E xa imos pola décimo segunda edición!!!!

O Departamento de Física e Química amosounos una chea de experimentos. Alumnos e alumnas de 4º ESO e 2º Bacharelato foron os encargados de realizalos ante a atenta mirada de profes e  rapaces e rapazas de todos os cursos.
As experiencias abordaron os fenómenos ondulatorios da luz, a indución electromagnética, a presión nos fluídos, as características dos fluídos non newtonianos e dos fluídos ferromagnéticos, os polímeros,os cambios de cor nas reaccións químicas:  substancias ácidas e básicas, oxidantes e redutoras e os gases como produto das reaccións químicas.  









E aquí podedes ver a Fátima e Pili en acción:




galegoexp from lingualiza2 galego on Vimeo.

E a María e a Luís:




As propostas do Departamento de Matemáticas para esta Semana da Ciencia foron: o luns, o cubo de Rubik ocupou a moitos e a moitas que aceptaron o desafío:




 
xogos topolóxicos nos recreos do martes:




criptografía o mércores; 


 o xoves, unha impresora  3D  captou a atención de todos:




 a matemaxia foi a proposta para o venres:



Baixo o título “Unha ollada ao interior”, o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía propuxo, nesta edición da Semana da Ciencia , a disección de varios animais para observar os seus órganos e aparatos internos. Alumnos e alumnas de 1º e 3º ESO, 1º Bach. e FP Básica foron os encargados de explicar en galego aos compañeiros a anatomía interna dos animais,  facendo a disección dun pulmón de vaca, un corazón de porco, un cazón (peixe cartilaxinoso) e mexillóns.  











 Aquí as podedes ver en acción:








25.4.17

XXI MOSTRA DE TEATRO DO ENSINO SECUNDARIO DO MORRAZO

Hoxe comezou a cita anual co teatro dos centros de ensino secundario do Morrazo que se vén repetindo desde hai xa máis de vinte anos. Este ano tócalle ao noso centro ser o anfitrión. Xa temos fallo no concurso de carteis e os trípticos con toda a información preparados.






A inauguración foi ás 11:30 no Auditorio de Cangas, con Alfredo Mantovani como invitado de honra. Todo un luxo! Por se non  coñecedes, aquí vos queda unha pequena información: 


Mantovani é un actor, director e pedagogo especialista en comunicación e teatro na educación que reside en Sevilla. Desde hai máis de trinta anos realizou un intenso labor no campo da Expresión, pionero en actividades e investigacións teatrais con nenos e xente nova. Iniciador de diferentes proxectos educativos, fundador e Presidente de Proexdra, Asociación de Profesores pola Expresión Dramática en España, cuxos obxectivos son difundir e promocionar o ensino do xogo dramático e o teatro na Educación formal e non formal.

Sistematizou o seu traballo teatral para docentes en diversas publicacións como : Didáctica da Dramatización , Xogos para un taller de teatro, O actor creativo, a actriz creativa, O xogo dramático de 5 a 9 anos, A dramática creativa de 9 a 13 anos e O teatro de 13 a 16 anos.

Nas súas publicacións Mantovani suscita un sistema de teatro dentro da escola, incorporado ao sistema e adecuado ás idades dos nenos. Fala do seu traballo coa convicción de que poucos sistemas escolares están interesados en investir nun teatro realmente pedagóxico. O obxectivo didáctico é aproveitar o teatro polo seu potencial na comunicación, non para que os nenos aprendan como deben ser as obras ben feitas, obras que merezan un 10 de cualificación. Defende que o teatro debería ser unha materia máis, como Lingua Castelá ou matemáticas, unha materia que potencie o desenvolvemento da expresividade.

-Dos cinco aos nove o teatro pode servirlles para xogar; que se divirtan xogando e aprendan a dramatizar temas.

-Dos nove aos 13 anos, en cambio, necesitan representar para outros, para os compañeiros; non necesitan representar nun teatro, nun escenario e menos para os pais.

Mantovani entende que non importa facer a obra perfectamente acabada, o que o realmente importante é que os nenos e nenas se comuniquen entre si. O teatro debe ter unha finalidade educativa na escola que vaia máis aló da Carrapuchiña na actuación de final do curso escolar.




24.4.17

DÍA DO LIBRO



Para celebrar esta data, a biblioteca do centro organizou un concurso de frases relacionadas cos libros.
Os gañadores - Nerea, Joel, Helga, e Roi, que compartiron un segundo premio, e Rubén Sotelo, gañador do primeiro premio- que aparecen na foto, recibiron como agasallo, un libro.


 E estas son as súas frases:

Voo, cazo dragóns, viaxo entre diferentes galaxias, salvo vidas, sálvanma a min e non, non soño… Leo
                                Rubén Sotelo

Resaca literaria: incapacidade para iniciar un novo libro xa que aínda segues vivindo no mundo do libro anterior.
Nerea

Ler ensancha a alma
Roi

Un libro, unha tarde… que máis preciso?
                                Joel

Na amargura,
ler te axuda
 Helga

Gústame ler porque imaxino todo o que pasa. Imaxino que son eu a que vive esas aventuras, pelexas, amoríos e probas.
Gústame tomar o lugar dos protagonistas. 
Anoxarme polas malas decisión, sorprenderme polos xiros inesperados da historia, chorar porque tivo un final tráxico, rir polas ocorrencias dos personaxes, amar a cada un deles.
Pero, sobre todo, porque viaxo a miles de lugares con tan só pecharme na miña habitación e abrir un libro.
                                Uxía Leal.