16 years ago
9.12.21
CONCURSO DE MÚSICA: NOITES DE VERÁN, FØ Records
Este tema asinado pola banda negreiresa FØ Records estreouse neste ano 2021.
FØ Records inicia a súa andaina como banda en 2019 cando lanzan o seu primeiro sinxelo, titulado "A porrallada". Poucos meses máis tarde, en febreiro de 2020, ve a luz "O club do Pitillo" e xa nese mesmo verán, aínda en plena pandemia, publican "Lume", co que gañan o premio Youtubeiras 2020 na categoría musical.
A fusión do hip-hop e o trap do seu estilo e a estética diferenciada e coidada dos seus videoclips fan de FØ Records un dos máis prometedores grupos da nosa música actual.
Deixámosvos con "Noites de verán". Agardamos que vos guste!
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?