16.5.20

A CURUXA DE PAPEL

Saudamos esta nova iniciativa de Xiana e Celtia Sar, creadoras duna nova canle de audiolibros en galego. Vén de estrearse co conto "O inglés" de Retrincos de Castelao e publicaron xa un par de capítulos de Vento ferido de Casares, outro par de Arredor de si, de Otero Pedrayo mais o poema de Rosalía "Miña casiña, meu lar", tirado de Follas Novas. Podédelas seguir en Istagram @acuruxadepapel para estardes ao tanto das novidades.

Aquí tendes a súa última achega. De novo Retrincos, esta vez "Peito de lobo".


No comments:

Post a Comment

e ti que dis?