19.4.17

ENTREVISTANDO A FERRÍN

Sara Malvido, Vanessa Abal e Itziar de 2º Bach C entrevistamos  a Méndez Ferrín, a Mariano Abalo e a Martín García Cordeiro. Falaron do vivido nos últimos anos do franquismo, da represión das liberdades: de expresión, de manifestación, de poder xuntarse para intercambiar ideas, da obriga de agocharse e vivir na clandestinidade, co temor continuo a seren delatados e levados á cadea, onde eran habituais os paus, as torturas e as ameazas. E nalgúns casos a morte, non hai que esquecer a violencia policial e as sentenzas de morte deste período. Explicáronnos a necesidade de implicarse nunha loita que era de clases, dos traballadores, con salarios de miseria e moitas horas de traballo, contra o sistema opresor económico e político, un sistema patriarcal que tiña á muller relegada á vida familiar e á misa diaria. Pero a súa reflexión crítica esténdese á sociedade actual na que estamos a perder dereitos laborais conseguidos no franquismo e na que denuncian ameazas contra a liberdade de expresión e de protesta. Vén esperanza na xente nova que se está a organizar e a comprometerse politicamente para loitar polos dereitos para todos e todas como aínda seguen a facer eles. Quedamos impresionadas do saber que atesouran e moi agradecidas de que o compartisen con nós.

entrevista ferrin1 from lingualiza on Vimeo.























No comments:

Post a Comment

e ti que dis?