Para celebrar esta data, a biblioteca do centro organizou un
concurso de frases relacionadas cos libros.
Os gañadores - Nerea, Joel, Helga, e Roi, que compartiron un
segundo premio, e Rubén Sotelo, gañador do primeiro premio- que aparecen na
foto, recibiron como agasallo, un libro.
E estas son as súas frases:
Voo, cazo dragóns,
viaxo entre diferentes galaxias, salvo vidas, sálvanma a min e non, non soño…
Leo
Rubén Sotelo
Resaca literaria:
incapacidade para iniciar un novo libro xa que aínda segues vivindo no mundo do
libro anterior.
Nerea
Ler ensancha a alma
Roi
Un libro, unha tarde…
que máis preciso?
Joel
Na amargura,
ler te axuda
Helga
Gústame ler porque
imaxino todo o que pasa. Imaxino que son eu a que vive esas aventuras, pelexas,
amoríos e probas.
Gústame tomar o lugar
dos protagonistas.
Anoxarme polas malas
decisión, sorprenderme polos xiros inesperados da historia, chorar porque tivo
un final tráxico, rir polas ocorrencias dos personaxes, amar a cada un deles.
Pero, sobre todo,
porque viaxo a miles de lugares con tan só pecharme na miña habitación e abrir
un libro.
Uxía
Leal.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?