18.4.17

A CHAVE DA MEMORIA

As Xornadas que cada ano se organizan no mes de abril desde o Departamento de Xeografía e Historia, en lembranza do profesor Agostiño Entenza, dedícanse este ano a facer memoria da represión franquista. Temos programada para o alumnado a proxección do documental "A liberdade truncada"de A.Nores sobre a represión en Cangas; unha mesa redonda con Telmo Comesaña -fillo dun represaliado en Vigo-, con Montse Fajardo -autora do libro Un cesto de mazás no que recolle historias de represaliados desde a memoria da súa familia- e co propio Nores, autor do documental.



En horario de tarde, aberto á participación da comunidade educativa, organizarase, o mércores 19 de abril, un libroforum de Un cesto de mazás, que contará coa presenza da súa autora, Montse Fajardo. Xa podedes ver na planta baixa a exposición dos Debuxos da Guerra de Castelao e da actividade da Asociación de Cangas 28 de Agosto que mantén viva a memoria da República e dos represaliados en Cangas.










No comments:

Post a Comment

e ti que dis?