Hoxe o alumnado de 2º Bacharelato Científico viaxamos a Santiago para
visitar o IDIS (Instituto de Investigación de Santiago de Compostela) onde
puidemos coñecer de primeira man o traballo que realizan os científicos no seu
día a día. Tivemos a sorte de ser recibidos por Ángel Carracedo, Catedrático de
Medicina Legal da USC que dirixe a Fundación Pública Galega de Medicina
Xenómica e o Centro Nacional de Genotipado-ISCIII (CEGEN). Coordina ademais o
Grupo de Medicina Xenómica da USC que integra dez grupos de investigación,
plataformas tecnolóxicas de última xeración e preto de 100 membros, persoal
investigador de diferentes nacionalidades e é xefe de grupo do CIBERER (Centro
de Investigación Biomédica en Rede de Enfermidades Raras) e Coordinador da área
de Xenética e Bioloxía de Sistemas do Instituto de Investigación Sanitaria de
Santiago de Compostela (IDIS). Toda unha personalidade, un científico moi
recoñecido a nivel internacional que fai do galego unha lingua de prestixio,
superando prexuízos absurdos. Falounos sobre o traballo que realizan no IDI e puidemos
visitar as instalacións e algún dos laboratorios nos que se traballa. A parte
dedicada á xenómica foi quizais a máis interesante. Vimos como se realiza a
técnica da PCR, como preparan as mostras de ADN e como as analizan. Ademais
explicáronnos como se realizan os cariotipos e como ordenaban os cromosomas
para facelo. Foi incrible poder achegarse á investigación científica de
primeira orde que se está a facer tan preto de nós.
15 years ago
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?