Un ano máis a Ciencia
ocupou a nosa sala de usos múltiples que nos recreos se encheu de alumnos e
alumnas, que seguiron atentamente as
explicacións doutros compañeiros sobre temas diversos de matemáticas, física e
química e bioloxía. E xa imos pola décimo segunda edición!!!!
O Departamento de Física e Química amosounos una chea de experimentos. Alumnos e alumnas de 4º ESO e 2º Bacharelato foron os encargados de realizalos ante a atenta mirada de profes e rapaces e rapazas de todos os cursos.
As experiencias
abordaron os fenómenos ondulatorios da luz, a indución electromagnética, a
presión nos fluídos, as características dos fluídos non newtonianos e dos
fluídos ferromagnéticos, os polímeros,os cambios de cor nas reaccións
químicas: substancias ácidas e básicas,
oxidantes e redutoras e os gases como produto das reaccións químicas.
E aquí podedes ver a Fátima e Pili en acción:
galegoexp from lingualiza2 galego on Vimeo.
E a María e a Luís:
As propostas do Departamento de Matemáticas para esta Semana da Ciencia foron: o luns, o cubo de Rubik ocupou a moitos e a moitas que aceptaron o desafío:
xogos topolóxicos nos recreos do
martes:
criptografía o mércores;
o
xoves, unha impresora 3D captou a atención de todos:
a matemaxia foi a proposta para o
venres:
Baixo o título “Unha
ollada ao interior”, o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía propuxo, nesta
edición da Semana da Ciencia , a disección de varios animais para observar os
seus órganos e aparatos internos. Alumnos e alumnas de 1º e 3º ESO, 1º Bach. e
FP Básica foron os encargados de explicar en galego aos compañeiros a anatomía
interna dos animais, facendo a disección
dun pulmón de vaca, un corazón de porco, un cazón (peixe cartilaxinoso) e
mexillóns.
Aquí as podedes ver en acción:
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?