A inauguración foi ás 11:30 no Auditorio de Cangas, con Alfredo Mantovani como invitado de honra. Todo un luxo! Por se non coñecedes, aquí vos queda unha pequena información:
Mantovani é un
actor, director e pedagogo especialista en comunicación e teatro na educación
que reside en Sevilla. Desde hai máis de trinta anos realizou un intenso labor
no campo da Expresión, pionero en actividades e investigacións teatrais con
nenos e xente nova. Iniciador de diferentes proxectos educativos, fundador e
Presidente de Proexdra, Asociación de Profesores pola Expresión Dramática en
España, cuxos obxectivos son difundir e promocionar o ensino do xogo dramático
e o teatro na Educación formal e non formal.
Sistematizou o seu
traballo teatral para docentes en diversas publicacións como : Didáctica da
Dramatización , Xogos para un taller de teatro, O actor creativo, a actriz
creativa, O xogo dramático de 5
a 9 anos, A dramática creativa de 9 a 13 anos e O teatro de 13 a 16 anos.
Nas súas
publicacións Mantovani suscita un sistema de teatro dentro da escola, incorporado
ao sistema e adecuado ás idades dos nenos. Fala do seu traballo coa convicción
de que poucos sistemas escolares están interesados en investir nun teatro
realmente pedagóxico. O obxectivo didáctico é aproveitar o teatro polo seu
potencial na comunicación, non para que os nenos aprendan como deben ser as
obras ben feitas, obras que merezan un 10 de cualificación. Defende que o
teatro debería ser unha materia máis, como Lingua Castelá ou matemáticas, unha
materia que potencie o desenvolvemento da expresividade.
-Dos cinco aos nove
o teatro pode servirlles para xogar; que se divirtan xogando e aprendan a
dramatizar temas.
-Dos nove aos 13
anos, en cambio, necesitan representar para outros, para os compañeiros; non
necesitan representar nun teatro, nun escenario e menos para os pais.
Mantovani entende
que non importa facer a obra perfectamente acabada, o que o realmente
importante é que os nenos e nenas se comuniquen entre si. O teatro debe ter
unha finalidade educativa na escola que vaia máis aló da Carrapuchiña na
actuación de final do curso escolar.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?