A grave crise sanitaria que estamos a atravesar fai que este
ano non poidamos celebrar a festa dos Maios na rúa. Queremos sumarnos ao chamamento
para que o domingo, día 3 de maio, se che presta, publiques na rede as coplas
(letras ou vídeos cantándoas) e as fotos dos Maios feitos co material que teñas
na casa. Emprega o cancelo #CantádemeUnMaio nas túas publicacións. Esa
iniciativa quere dar a voz a un elemento da nosa oralidade, da nosa cultura,
que pide que non a canceles.
E por se non sabes como facer o maio, aí van estes vídeos explicativos sobre como facer un maio tradicional.
e estoutro por se estás nun piso e non podes saír á natureza, para que o fagas con material de refugallo.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?