8.10.19

O QUE ARDE

Estrea nos cinemas da película de Óliver Laxe: O que arde, cinema en galego proxectado en 49 salas de toda España, subtitulado en castelán e catalán fóra da nosa terra. En Vigo podedes vela en Gran Vía, Praza elíptica e Cines Norte. Estes últimos contarán coa presenza do director e dos actores o xoves 17. Vémonos alí ás 19,40h.


O que arde, a flamante película de Oliver Laxe,  chegará este venres 11 de outubro ás salas de cinema despois de ser aclamada pola crítica e os xurados nos máis importantes festivais de cine nacionais e internacionais.
O que arde recibió o premio do xurado da sección oficial Un Certain Regard do Festival de Cannes, onde fixo historia ao ser a primeira película en versión orixinal en galego que se proxectou neste certamen francés. 
Ademais, a cinta recibiu o IX Premio San Sebastián Film Commision do Festival de San Sebastián, que recoñece aquelas películas que mellor reflicten os valores urbanísticos, naturais, culturais ou sociais do lugar onde foron rodadas. O último dos premios concedidos a O que arde foi o PremioEspecial do Xurado no Ourense Film Festival celebrado a comezos deste mesmo mes. 

No comments:

Post a Comment

e ti que dis?