Preparádevos, que chega a Semana da Ciencia, con obradoiros en todos os recreos. Este ao temos unha celebración moi especial: a Táboa periódica cumpre 150 anos. E para celebralo o alumnado de física e química pintouna nun corredor do instituto, xunto ao laboratorio, en galego, por suposto. Así de ben quedou:
Por iso este ano teremos un concurso moi especial, tipo "Quen é quen?" na Semana da Ciencia competindo por adiviñar os elementos a través de pistas e preguntas. Tamén haberá pegadas que rastrexar desde os mesmos dinosaurios, experimentos abraiantes, xoguetes tecnolóxicos...
Non podes faltar!!!
16 years ago
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?