20.2.19

MANIFESTA ROSALÍA

O luns 25, ás 12:45, realizaremos unha lectura colectiva na que daremos voz a Rosalía e nos manifestaremos seguidoras do seu pensamento libre, que rompe estereotipos para reclamar a igualdade das mulleres e denunciar as inxustizas sociais dando voz ao pobo oprimido. Vén nos recreos a ensaiar o recitado. Para animarvos a cantar, como fai Rosalía coa súa meniña gaiteira, haberá galletas e outras lambonadas. Non faltedes!


No comments:

Post a Comment

e ti que dis?