20.2.19

CONTAXIA ROSALÍA

Xa temos a entrada do centro adornada para celebrar o aniversario de Rosalía. A Asociación de Escritores en Lingua Galega invítanos a contaxiarnos da súa liberdade de pensamento, da súa valentía na defensa da nosa terra e da nosa cultura e no seu compromiso de darlle voz a quen non a tiña, moi especialmente ás mulleres, denunciando os abusos dos poderosos e reclamando xustiza e liberdade. As súas ideas permanecen vivas e os seus versos ocuparon a entrada do centro en forma de bolboretas de cores.
















No comments:

Post a Comment

e ti que dis?