As regueifas son coplas improvisadas que teñen a súa orixe
nas antigas celebracións das vodas; os convidados de fóra da parroquia
discutían en verso cos da parroquia; iniciaban
unha disputa en verso e o gañador tiña a honra de partir e repartir a regueifa,
unha rosca de ovo e azucre.
Co obxectivo de dinamizar o uso do galego na xente nova, os
concellos do Morrazo invitaron a dous recoñecidos regueifeiros, Caruncho e
Pinto de Herbón, que foron polos institutos a impartir un obradoiro de poesía improvisada ao alumnado de 2º da ESO.
Tamén viñeron a Rodeira.
Seleccionaron 10 alumnos/as para participar no I Certame de Regueifa do Morrazo, no que competiron os seleccionados de todos os institutos da comarca.
Seleccionaron 10 alumnos/as para participar no I Certame de Regueifa do Morrazo, no que competiron os seleccionados de todos os institutos da comarca.
Asistimos todo o alumnado de 2º e resultou moi emocionante ver reigueifando aos nosos compañeiros e compañeiras nun auditorio ateigado de xente nova.
Parabéns a Iker, Clara, Rafa, Claudia, Blanca, Antonio, Yoel e, moi en especial, a Manuel que quedou no grupo dos finalistas.
Felicitamos tamén a
Caruncho e Pinto por aprendernos a crear poesía improvisada en galego e manter viva esta arte tan nosa. Foi unha
experiencia xenial!
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?