O muíño de
Fausto, un lugar cheo de maxia. Eu que son gaiteira, e bailadora, e bombeira, e
tamborileira e pandereiteira, de todo un pouco, nunca me perdería esta foliada onde, entre amores e risos, a festa vai en aumento. Comeza
co concurso de debulladoras de millo e remata coa festa más tola ás tantas da
noite. Polo medio temos descansiños para degustar a comida tradicional, ovos
con pan de millo e bocadillos de zorza, sen esquecer as papas das doce, as
mellores papas de todo o ano, da mesma fariña que sae do muíño á pota para
repartir entre a xente. Nestes momentos de degustación é cando as
pandereiteiras e cantareiras soben ao escenario e cantan e bailan ata que a
xente xa non pode máis e ten que descansar.
Non podes deixar de vir ao
muíño pero vén preparado/a para bailar porque senón mellor non veñas. O muíño é unha festa na que
te esqueces de todo, na que estás tranquila coa túa xente e gozas durante horas
da festa e da alegría compartida.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?