Hoxe fomos de excursión á illa de San Simón
para coñecer a súa historia e aprender un pouco máis sobre o noso patrimonio.
Saímos ás 8:30 cara ao porto de Cangas para agardar o barco que nos ía levar a
San Simón. O traxecto pola ría, pasando por debaixo da Ponte de Rande, durou
unha hora e estivo xenial.
Cando chegamos a San Simón vimos que era unha
illa bastante protexida e vixiada xa que había cámaras por todos os recunchos,
parecía xa un reallity show dos da tele. O garda viunos chegar polas cámaras e
foinos abrir o paso á illa.
Entón presentouse unha muller chamada Enma que
foi a nosa guía durante a visita. Explicounos que San Simón tivo tres etapas
antes de chegar a ser a zona turística que é hoxe en día. Primeiro, na Idade
Media, foi lugar para os monxes como sitio de meditación e procura de conexión
con Deus. Séculos despois foi lazareto, lugar de corentena para a xente que
chegaba de fóra nos cargueiros e tiña que recalar alí un tempo para impedir que
chegasen enfermos ao continente e se producisen contaxios. E por último,
durante a ditadura de Franco, foi cárcere para os republicanos represaliados
que vivían alí en condicións pésimas.
Enma ensinounos toda a illa mentres ía narrando
a súa historia. Pena que nos tivésemos máis tempo para percorrela libremente xa
que, en canto acabou o percorrido, volvemos ao barco.
No traxecto de volta, o barco converteuse nunha zona de festa:
botámonos a cantar, a bailar, a saudar aos barcos que pasaban, a descubrir
arroaces, tirarnos fotos… Pasámolo xenial!
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?