O alumnado 1º da ESO, despois de todo o que traballamos en ciencias Naturais sobre o noso ecosistema xa estabamos preparados para visitar os montes de Coiro guiados
polos Comuneiros da Xunta de Montes. Partimos de Ermelo ( Igrexa) con charla explicativa do
arqueólogo das obras que se están a executar e percorremos Cruz de Ermelo, o
nacemento do Río Bouzós, Pedra Edra, A Fraga, Monte do Chan, Monte Pequeno,
Romeirá, Ameixoada, Canizada, A Graña, A Rúa e de volta en Rodeira, completamente
enchoupados pois a tronada sorprendeunos no camiño de regreso.
Os comuneiros guiáronnos pola xeografía, a toponimia, a
flora, a fauna, as plantas medicinais, os refráns, os ditos, o xeito de
orientármonos, a historia, a etnografía, ecoloxía… Non pode haber mellor xeito de aprender!
Desde estas páxinas queremos agradecer á Comunidade de
Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Coiro o seu incansable labor de fomento de amor á natureza e ao
patrimonio natural da nosa parroquia de Coiro e de Cangas, tratando de
transmitir o interese por aprender e os valores de respecto ao medio ambiente e
de responsabilidade colectiva no coidado do patrimonio comunal.
Podedes atopar todo o traballo realizado e máis información sobre a saída no seguinte enderezo:
http://vivimosencangas.blogspot.com.es/
Podedes atopar todo o traballo realizado e máis información sobre a saída no seguinte enderezo:
http://vivimosencangas.blogspot.com.es/
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?